Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 06 Julho 2018 09:06 Última modificação em Quinta, 12 Julho 2018 03:41

CIG lança campanha contra a discriminaçom das trabalhadoras

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: CIG

A primeira das mobilizacións está prevista para o 11 de xullo ás 13:30h diante da fábrica de Citroën, en Vigo.

A Secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, presentou esta mañá, en rolda de prensa, unha campaña que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses baixo o lema “Xa é hora de avanzar nos nosos dereitos”, coa que se pretende visibilizar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres, polo feito de o seren, no mundo do traballo. Tal e como explicou Corral “lanzamos esta campaña conscientes da necesidade de loitarmos contra as diferenzas salariais, contra o desemprego, contra a minusvalorización dos traballos feminizados, contra a problemática derivada dos coidados (dentro e fóra do fogar), contra os salarios de miseria, contra a precariedade, a eventualidade, as xornadas parciais, o acoso machista. Por todas e cada unha das discriminacións e explotacións que requiren unha resposta do feminismo de clase”.

Corral explicou que esta pretende ser unha campaña sostida no tempo e non vinculada á conmemoración de datas concretas. “O obxectivo é sacar á luz a situación de desigualdade que sufrimos as mulleres, exemplificando con casos concretos (convenio colectivo, plan de igualdade, situación concreta na empresa ou sector...) en que consiste a discriminación e como lle dar resposta desde a CIG”. Ademais adiantou que se acompañará cada denuncia con mobilizacións para que transcendan socialmente.

Primeira mobilización en Citroën

Así, para o vindeiro día 11 de xullo ás 13:30 horas esta xa prevista a primeira das concentracións diante da fábrica de Citroën, en Vigo, para denunciar a vulneración de dereitos fundamentais tras a imposición do “acordo sobre sistemas de organización en casos de redución de xornada” que limita o exercicio dos dereitos de conciliación do seu persoal.

A este respecto denunciou que “esta multinacional non só obriga ao seu persoal a acollerse a unha redución de xornada, coa merma salarial que isto supón, para poder conciliar, imposibilitando unha concreción da xornada laboral flexíbel, senón que impide o dereito das traballadoras e traballadores a poder decidir a concreción horaria da súa xornada”. E sinalou que, pola contra, Citroën defende a proposta xustificando que así estandariza as solucións, obviando as diferentes circunstancias familiares do persoal do taller. Un Acordo que a Cig xa ten denunciado no xulgado á espera de xuízo.

Citroën é, en todo caso, unha máis dunha longa lista de empresas que a cotío vulneran os dereitos das traballadoras. De entre estas, Corral salientou o caso de UNISONO, empresa do sector de centros de chamadas denunciada por denegar solicitudes de redución de xornada por garda legal, concretadas de luns a venres, pese a ofertar un posto de traballo neste horario.

Outra das que sinalou foi FROIZ, onde “se tes quenda partida e solicitas reducir a tarde non cha aceptan e mándanche comezar a rotar en quendas semanas de maña e tarde. Onde ao cumprir os 8 anos de idade as crianzas, chaman de RRHH para que fagan una renovación da redución (que agora é extensiva aos 12 anos) que aproveitan para modificar os horarios, especialmente nos casos en que as persoas teñan quenda única de mañá ou non traballen os sábados. Mesmo tivemos varias denegacións de remate do goce de redución de xornada, alegando que non tiñan necesidade de máis horas de contratación nesa tenda”.

Tamén denunciou o caso de Inditex que denega de xeito arbitrario a meirande parte das solicitudes de concrecións horarias das reducións de xornada e non aplica as medidas de flexibilización horaria da xornada sen reducila.

Xunto a esta salientou o caso de Pescanova onde aquelas persoas con contrato a tempo parcial ligado a unha flexibilidade horaria en termos absolutos (días/horas 365 mañá tarde e noite) a empresa négalle o dereito á concreción horaria ao persoal con crianzas menores de 12 anos, empregando o argumento de que só se pode concretar o horario se hai redución de xornada. Cuestión que está nos tribunais pendente de resolver e da que a CIG se fará eco durante a negociación do seu plan de igualdade.

Lembrou tamén o caso das traballadoras do Grupo Norte, que veñen mobilizándose nas últimas semanas en demanda de igual traballo, igual salario. Unha denuncia que se manterá nas vindeiras semanas, xa que non é o único caso de discriminación salarial por razón de sexo, vinculada á clasificación profesional.

Administracións públicas

Con todo, Margarida Corral subliñou que este tipo de situacións non só se dan nas empresas privadas, senón tamén nas administracións públicas. Como exemplo puxo casos como o do Sergas, que segue a aplicar a lexislación anterior e só aceptan reducións de 1/3 ou ½ da xornada. Ademais matizou que “é moi común a denegación das reducións de xornada nos PAC ao coincidir varias persoas con crianzas a cargo. Alén diso, nos meses de verán auméntanlle a xornada xusto cando solicitaban reducir”, afirmou.

Do mesmo xeito asegurou que o Consorcio denega sistematicamente a concreción horaria das reducións de xornada, impide a flexibilización sen concreción e mesmo as permutas para o persoal interesado en cambiar de lugar de traballo con crianzas a cargo ou obstaculiza e mesmo denega as prestacións por risco no embarazo das súas traballadoras. “Situacións que acaban denunciadas nos tribunais e das que temos múltiples sentenzas nas que se lles recoñecen os dereitos”.

A esta discriminación engadiu outras de tipo salarial, ao non incrementarlles a base de cotización recollida no acordo asinado entre a Xunta e os sindicatos para o pago dos trienios con efectos económicos desde xaneiro de 2017, deixando fóra ás traballadoras en situación de suspensión por maternidade durante ese ano.

Para a secretaria das Mulleres da CIG todos estes casos alén de vulnerar os dereitos das mulleres “supoñen un claro obstáculo para o exercicio dos mesmos e constitúen unha grave discriminación por razón de sexo, ao ser as mulleres as súas principais destinatarias”.

Por iso denunciou a hipocrisía das empresas, “inmersas en longas negociacións de planes de igualdade, de protocolos de acoso, que son unha cortina de fume, xa que paralelamente poñen trabas continuas no ámbito laboral ao exercicio dos nosos dereitos”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar