Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 02 Dezembro 2018 19:13 Última modificação em Segunda, 10 Dezembro 2018 10:09

Profissionais reclamam acesso real ao tratamento psicológico no sistema público de saúde galego

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Saúde / Fonte: COPG

A falta de accesibilidade real ao tratamento psicolóxico na sanidade pública galega foi a principal conclusión da xornada que na mañá deste Sábado se desenvolveu no Hospital de Oza da Coruña, con motivo do 20 aniversario da creación da especialidade de psicoloxía clínica, na que participaron os psicólogos e psicólogas clínicas da EOXI da Coruña, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos/as Clínicos/as do SERGAS (APCS) e o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).

“A cidadanía ten dereito a dispoñer das prestacións sanitarias establecidas regulamentariamente para toda a poboación en condicións de equidade e xustiza. Privar a unha parte da poboación infantil e adolescente da comarca de Bergantiños e as súas familias dos tratamentos psicolóxicos que viñan recibindo de xeito abrupto, arbitrario e inxustificado supón unha grave irresponsabilidade. Bloquearlles o acceso a un profesional da psicoloxía clínica aos nenos e adolescentes dos concellos de Carballo, Ponteceso, Malpica, Coristanco, A Laracha e Cabana é unha forma de discriminación inédita e vergonzosa”, sinalaron nas conclusións presentadas ao final das xornadas. 

Por iso, desde todos os colectivos intervenientes demandaron ás autoridades sanitarias “a inmediata subsanación desta situación” e animaron ás administracións locais destes concellos afectados a que esixan a restitución da prestación dos servizos de psicoloxía clínica suprimidos, así como ás familias para que presenten reclamacións para recuperar estes dereitos conculcados. 

“Os tratamentos psicolóxicos son intervencións de primeira elección na meirande parte dos casos atendidos na Unidade de Saúde Mental Infantoxuvenil e tamén de adultos; son tratamentos eficaces e eficientes, ben tolerados polo paciente, ofrecen seguridade e manteñen os seus resultados beneficiosos no tempo”, indican. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar