Vimos de coñecer pola Garda Civil que "Tungsten San Finx SL" vai denunciar a un membro de ADEGA por ter penetrado no recinto mineiro e tomar mostras de augas contaminadas. Outra volta, e perante a falta de argumentos, imponse a estratexia do medo e de matar ao mensaxeiro...
A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759