Depois do anuncio por parte da Xunta fai xa 6 meses da construcción dun Colexio no barrio, non teñen máis noticias deste proxecto, non saben dos prazos para a súa contrucción, nin que tipo de centro van realizar, nin onde é a ubiacación final etc, polo que se ven "na obriga de facer esta convocatoria dada a premura da obra; unha necesidade básica para o noso barrio e que se tería que ter rematado antes do curso 2017-2018".
Esta convocatoria se fai extensible a "todas as forzas políticas que nos representan no Concello, así coma as administración tanto a municipial coma @s responsables da Consellería de Educación da Xunta de Galicia", para que os informen de cómo está o expediente.
Está confirmada a asistencia de todos os grupos políticos que no Concello, así como do Concelleiro de Rexeneración Urbana Xiao e algún técnico do seu departamento, e están a espera de que conteste a Xunta de Galicia.