Levaremos a cabo un pequeno festival con maxia, música e contos onde os beneficios da barra e da cea (menú árabe a base de hummus, falafel e harise) irán destinados de xeito íntegro á Asociación Causas Comúns.
Dúas crianzas morren ao día tentando chegar ás costas de Europa. Pode soar simple, pero a foto de Aylan, o meniño sirio que nos sobrecolleu a todas, non é consecuencia dunha crise migratoria. Esta traxedia é consecuencia directa do sistema capitalista. Siria, último Estado que levantou (con erros e acertos) as bandeiras do nacionalismo árabe, que non ten débeda externa con organismos internacionais, rico en recursos naturais e, casualidade, que defende a causa palestina, é agora o epicentro das políticas de exterminio desenroladas por EEUU, o Sionismo e a OTAN.
Fotografías como idioma universal. Gabriel Tizón e Rocío Botana ofrecerán un coloquio-exposición fotográfica que nos transportará ás fronteiras de arame de espiño que está construíndo Europa. O imperialismo queda retratado unha vez máis neste drama. Lembrade o inicio de todo. O punto de partida. Por exemplo, un serán nas Azores. A fotografía. Idioma universal.
O Domingo 10 de abril contaremos no Terra coa actuación de Fran Amil que ven a presentar o seu disco 'A Voz do Vento', unha homenaxe a Manuel María, recoñecido poeta e incansábel activista a prol da lingua a quen este ano se lle adican as Letras Galegas. Será ás 17:30h no local do Colectivo Terra.