Como tódolos anos, a xente traballadora que loita xunta nas súas empresas polos seus dereitos cada día, esta xornada vese na obriga de elixir baixo qué siglas queren manifestarse. E xusto este día, as direccións sindicais separan as loitas da xente traballadora.
Nós consideramos que o primeiro de Maio é un día de loita. Tamén consideramos que a unidade nas loitas é a única ferramenta para enfronta-las políticas dos gobernos que somentes benefician ás empresas e ós bancos, pois a agresión que está sufrindo a clase traballadora non se gaña loitando empresa por empresa.
Frente o sindicalismo pactista dos sindicatos do Rexime, CCOO e UXT, a CIG, a pesar de facer parte en moitas ocasións dun perigroso institucionalismo, mantén a sua independencia do aparello do estado, por elo chamamos a nos manifestar xunto cos compañeiros e compañeiras da CIG, “pola anulación das reformas laborais e a lei mordaza”; mas deixando claro a nosa opción de que goberne quen goberne, os direitos defendesen desde a unidade das loitas dos traballadores/as, pola solidariedade das persoas refuxiadas como parte da clase obreira internacional e por unha Europa dos e das traballadoras e dos pobos.