Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 19 Setembro 2016 18:15 Última modificação em Quarta, 21 Setembro 2016 20:04

Apesar de testemunhos, sentença absolve polícias corunheses que teriam apontado imigrante na cabeça e no peito

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos, Antifascismo e anti-racismo / Fonte: SOS Racismo Galicia

"O 4 de agosto de 2011 ás 8 da tarde, A.G, despois de considerar que os seus dereitos foran vulnerados ao ser apuntado cunha pistola no peito e na cabeza por dous axentes locais, mentres estaba sentado cos seus compañeiros á altura dos taxis do Obelisco en A Coruña, procedeu a interpoñer unha denuncia contra os dous axentes que o agrediran na comisaría da policía nacional", explica SOS Racismo.

Cinco anos despois, diversos recursos e a falla de apoio por parte da Fiscalía, o pasado 7 de xullo tivo lugar o xuízo contra os dous policías imputados pola agresión.

"A día de hoxe, tendo nas nosas mans a sentenza, na que se recolle a absolución dos policías imputados", di SOS Racismo, "non podemos mais que manifestar a nosa frustración en canto a tramitación do procedemento".

En primeiro lugar, fan fincapé na falta de interese por parte da Fiscalía, dende o primeiro momento da instrución, en levar a cabo unha investigación dos feitos, posto que, a pesares de existir indicios razoables da comisión dun delito por parte dos axentes, xa que entre outras probas se dispoñía da declaración dunha testemuña totalmente axena (tal e como o recolleu a xuiza de instrución no seu auto de imputación), a Fiscalía optou por solicitar o arquivo da causa, sen chegar probablemente a facer un estudio da mesma, e chegando incluso no acto do xuízo a renunciar a proba testifical do denunciante despois de habela solicitado no seu escrito de defensa. Algo que para a acusación particular resulta incomprensible, xa que para a fiscalía non abonda que o denunciante e persoa agraviada polos feitos tivera que agardar 5 anos para poder atoparse novamente diante dos causantes de tales ameazas, senon que finalmente decidiu que non quería oír o seu relato; descoñecemos absolutamente o motivo.

Outra cousa interesante a salientar, é a negación dos axentes acusados a respostar ás preguntas da letrada da acusación. Efectivamente este é un dereito que se lle recoñece a todo investigado nunha causa pero sendo que estamos a falar de axentes da autoridade SOS Racismo non entende porqué tal interese en evitar as preguntas da acusación.

Do mesmo xeito débese sinalar que na sentencia se fundamenta a absolución dos axentes denunciados alegando que se levou a cabo un cambio na calificación xurídica dos feitos e tamén nos feitos mesmos. Esta argumentación considera SOS Racismo que se afasta claramente da realidade posto que en ningún caso se levou a cabo unha variación dos feitos denunciados senon que trala práctica das probas efectuadas chegouse a conclusión de que era necesario realizar una modificación da mesma; modificación esta que ven amparada no artigo 788 de Ley de Axuizamento Criminal, sendo por tanto un dereito recoñecido, ó igual que o dos investigados a non declarar ou non respostar as preguntas da acusación, polo que entenden que a argumentación esgrimida resulta insuficiente.

Aínda que na sentencia se fala de discrepancias no antes e despois dos feitos, claramente debido ó tempo transcorrido dende os feitos, é preciso sinalar que ambas testemuñas da acusación, confirman a versión do denunciante de ser apuntado con unha pistola por parte dun dos axentes da policía local, e en modo algún tal actuación quedou xustificada, sendo que estamos a falar de axentes da autoridade ós cales, polo cargo que ostentan, se lles esixe unha maior dilixencia.

Dende SOS Racismo Galicia, entidade que estivo a levar o caso durante os últimos tres anos, entenden que unha vez máis, como ben di a frase, “a xustiza e cega”, mais non porque non vexa, senón porque non quere ver.

"Porén disto, quedarnos con esta lectura sería unha visión simplista. Preferimos lembrar que, grazas ao valor deste rapaz en situación de vulnerabilidade extrema, desde o momento da imputación destes dous axentes da policía local da Coruña pola Audiencia provincial fai dous anos e medio ate o pasado mes de agosto, non volvemos a ter coñecemento de ningunha outra intervención irregular na zona onde aconteceron aqueles feitos".

E por iso que dende SOS Racismo Galicia, dende a cal levan xa tres anos ofrecendo apoio xurídico e psicoemocional a vítimas ou testemuñas de agresións racistas ou xenófoba, seguen a facer un chamamento a cidadanía de que ante calquera vulneración de dereitos non dubiden en denuncialo. Os dereitos son de todas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar