Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 13 Outubro 2016 16:53 Última modificação em Sábado, 15 Outubro 2016 10:11

Junta da Galiza tramita planta de biomassa para queimar eucalipto que seria ilegal

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Unha planta que sobarda a potencia máxima legal, denuncia Adega.

ADEGA xunto coa FEG (Federación Ecoloxista Galega) acaban de apresentar alegacións ao proxecto de central eléctrica de biomasa de 50MW que a empresa Renova Generación de Energías Renovables S.L. pretende construir en Curtis.

Dáse a circunstancia de que o marco regulatorio galego que desenvolve o aproveitamento da biomasa forestal primaria, o Decreto 149/2008 aprobado na etapa do bipartito, establecía un límite máximo de 10MW por instalación. O proxecto de Renova Generación ten unha potencia de 50MW eléctricos a partir da queima de biomasa, sobardando portanto o límite máximo legalmente permitido para estas instalacións.

Curiosamente, esta mesma empresa e en idéntica ubicación (polígono de Teixeiro, en Curtis) xa presentara un proxecto en 2011, para unha instalación das mesmas características, só que daquela cinguida ao máximo de 10MW. A proposta fora seleccionada por Industria en xuño de 2009 e comezou a súa tramitación, que polo que sabemos, non chegou a resolverse.

Agora semella que a mesma empresa resucita o proxecto (ou ben presenta outro distinto) mais hipertrofiado a 50MW, potencia que excede a máxima permitida e supón unha causa inmediata de nulidade da tramitación administrativa.

De cultivos enerxéticos, Eucaliptus nitens e o lobby eléctrico-pasteiro

As razóns polas que o Decreto 149/2008 establecía un tope de potencia para as plantas de biomasa forestal, tanto unitaria (10MW) como no conxunto de Galiza (80MW) están directamente relacionadas coa dispoñibilidade de materia prima para queimar. Tratábase de axeitar a potencia ao combustíbel dispoñíbel nunha determinada área xeográfica (50 km de radio arredor de cada instalación) e non ao revés, para actuar como complemento doutros aproveitamentos forestais e evitar xerar unha excesiva demanda.

Porén en 2012, o propio INEGA no estudo "Análisis de la viabilidad del mercado de la biomasa en Galicia y el norte de Portugal" apontaba que sería necesario empregar cultivos enerxéticos para garantir a subministración de biomasa, mesmo coa planificación do Decreto de 2008. Xa que logo, para instalacións coa potencia da que se está a tramitar, prácticamente medio país debería estar a producir madeira para queimar nestas plantas.

O feito de que agora unha empresa tente "coar" un proxecto ilegal e que Industria o tramite sen máis, aponta ao grande interese que a queima de biomasa ten para a Xunta e a patronal pasteiro-enerxética.

Confirma tamén a estratexia de masificación da biomasa como combustíbel para xerar electricidade através dos cultivos enerxéticos, deseñada dende hai anos por ENCE (Energía y Celulosa) en comenencia coa Xunta do PP; e explica tamén a rapidísima extensión do Eucaliptus nitens por grandes áreas do país, unha especie de menor interese para producir pasta de papel, mais idónea para queimar en ciclos produtivos de 3/6 anos: Había que ir acaparando terras e asegurar os "stocks" de madeira para queimar!

O governo de Feijóo podería ter na recámara unha modificación do Decreto 149/2008 para liberalizar a potencia das centrais de biomasa, ao gosto dos obxectivos de negocio da patronal pasteiro-enerxética. Quizáis agarda a que o marco regulatorio estatal recupere as primas para as novas instalacións de enerxías renovábeis suprimidas por Rajoy en xaneiro de 2012. E sabemos que a Xunta ten tamén conxelada dende 2012 a Orde de cultivos enerxéticos que abrirá definitivamente as portas dos montes e agros galegos ao Eucaliptus nitens, bambú, Liquidambar, Paulownia...

Para ADEGA e a FEG proxectos como este de Curtis non son pois unha casualidade. Ben ao contrario, son a consecuencia dunha política forestal e enerxética que visa converter a Galiza nun deserto verde de eucaliptos para queimar e engordar as contas de resultados do lobby eléctrico-pasteiro.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar