Construcións disidentes, xénero e outras aberracións: Rebelión na Granxa! falará da autodeterminación das persoas sobre a súa propia corporalidade
A Coruña, 2 de Decembro de 2016 – Reflexionar en grupo dos múltiples sistemas creados baixo políticas aplicadas ao control do corpo, sexa pola manifestación do seu desexo, na súa identidade, no seu xeito de vivir, na súa autodeterminación, etnia, clase social ou filosofía
sociopolítica de acción social. Esta é a finalidade das xornadas tituladas Construcións disidentes, xénero e outras aberracións: Rebelión na Granxa! que terán lugar no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) mañá sábado 3 de Decembro a partires das 18.30 horas.
Todas as persoas que desexen asistir manterán un faladoiro horizontal e participativo, mentres poden degustar pastel de pan e un te, sobre estas representacións e denuncias que son unha pequena reflexión dun amplo e complexo sistema social, que atravesa ao ser humano en todo o mundo, coarta e extermina as persoas negando o seu dereito de
autodeterminación como individuo e/ou grupo. A idea é ter un espacio de tranquilidade e reflexión en torno a estas temáticas.
A sábado da semana seguinte as xornadas se completarán co visionado de documentarios e distintos traballos artísticos que xiran en torno a estas mesmas ideas: corpo, construcción do xénero e sistemas actuais (opresivos ou libradores) nos que se moven as persoas.
Título
Xornadas Construcións disidentes, xénero e outras aberracións:
Rebelión na Granxa!
Día
Sábado 3 de Decembro de 2016
Sábado 10 de Decembro de 2016
Hora
A partires das 18.30 horas
Lugar
Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35)