Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 06 Dezembro 2016 07:26 Última modificação em Quinta, 08 Dezembro 2016 20:43

Regressa a Ponte d'Eume o Festival Treme a Terra, na sua 17ª ediçom

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas, Cultura/Música, Direitos nacionais e imperialismo / Fonte: Colectivo Terra

Dende o Colectivo Terra de Pontedeume impulsan unha nova edición do Festival Treme a Terra, unha cita que acumula con esta 17 edicións e que voltou no 2015 após varios anos de silenciamento forzoso.

Celebrarán o sábado 17 de decembro na pista polideportiva de Pontedeume(fronte ao IES Fraga do Eume) e o alicerce sobre o que pivote será a emigración. Un chamado a non esquecer ás que agora mesmo se están xogando a vida para tentar entrar na Unión Europea e a sinalar ás que habitan nas escuras cavernas do sistema como principais culpábeis desta macabra historia. Abondou unha soa imaxe, a do corpo do pequeno Aylan Kurdi nunha praia turca para abofetearnos sobre o drama que levaba décadas engordando e que revela ata onde pode levarnos o capitalismo e a rapinha imperialista. Refuxiadas vítimas de guerras, de terrorismo, de miseria creada pola Unión Europea e os Estados Unidos. A crise migratoria prosegue namentres a Europa do capital aplica medidas cada vez máis restrictivas nas fronteiras. Dende Galiza, fábrica de emigrantes pasados e presentes, non podemos permanecer máis tempo alleas a esta catástrofe humanitaria. 

Os altofalantes aturuxarán en favor das refuxiadas e contra o capital. Unha noite na que a palabra será a arma de combate. En definitiva, un espazo de reivindicación dos dereitos fundamentais de todas as que padecen o noso silencio. Sirva este festival de homenaxe ás que perderon a vida buscando unha vida mellor.

Pero a programación non se centrará so unha noite de música. 

-VENRES 9 DE DECEMBRO. PALESTRA @S ESQUECID@S:

Da man do fotoxornalista Gabriel Tizón e do xornalista Saúco Fernández achegarémonos a eses muros da Europa do s.XXI coa proxección de dous vídeos sobre a situación das refuxiadas. Será ás 20:00 na Casa da Cultura de Pontedeume.

-DO 9 DE DECEMBRO AO 26 DE DECEMBRO. EXPOSICIÓN OS BICOS D@S REFUXIAD@S:

O fotógrafo social Gabriel Tizón pretende con esta exposición fotográfica, que quedará pendurada nas farolas do peirao de Pontedeume, achegarse á traxedia do Mediterráneo dende outra perspectiva.  Mais info na súa web http://gabrieltizon.com/

-DOMINGO 11 DE DECEMBRO: MINIFESTIVAL!

Uxía e Magín Blanco serán os encargados de facer desfrutar ás máis pequenas. Dende as 18:00 na Casa da Cultura. Un espectáculo cunha globalidade de ritmos e estilos musicais que abrangue desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano.

-SÁBADO 17 DE DECEMRBO. 17 FESTIVAL TREME A TERRA.

Dende as 21:30h no lugar de sempre, a pista polideportiva (fronte ao IES Fraga do Eume). Contaremos con tres grupos de referencia dentro do panorama da música contemporánea composta en galego. Caxade, Familia Caamagno e Dakidarría. 

CAXADE é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Foi considerado millor arista nos XIII Premios Opinión, Premio Martín Códax de Música e ganhador do Certame Música Xove ademais de representar a Galiza no SUNS Europe de 2015. Folk-Pop, arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e sinxela, cun discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

FAMILIA CAAMAGNO. As boas críticas dos medios especializados fixeron que conseguiran un oco na axenda musical galega. Resultaron ganhadores do primeiro premio do Concurso de bandas da Deputación da Coruña e representaron a Galiza no SUNS EUROPE de 2016. Algún dos seus temas son “Surfistas Nazis” ou “Mala Herba”, ou o que é o mesmo, Rock´n´roll salvaxe e divertido que fará que movas as cadeiras ata a luxación total.

DAKIDARRÍA. Decibelios e adrenalina para un fin de festa espectacular. Enchen o escenario a ritmo de ska, reggae e punk-rock, apostando polo galego, algo que lonxe de pecharlles portas abriulles vieiros polos que xa decorren acompanhados por un gran número de fans que os seguen alá onde van. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar