Pontedeume é un exemplo das moitas vilas que noutrora foron orgullosas. Hoxe miserenta, decadente, deambulando polo linde do humanamente hixiénico.
Unha paisaxe urbana secuestrada, degradación planificada e mercadoría para especuladores.
A nosa ruina confía na chegada de inversores que aposten por este camposanto de veleidades. Que os cartos chegarán para sanear o cheiro dun esteiro morto. Dun monte cheo de eucalipto. Para eles nada ten valor porque todo ten prezo.
A cobiza, a ambición depredadora… a ignorancia. A irresponsabilidade de quen posúe a responsabilidade. Estamos a destruír a nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural. Estamos a empobrecer a nosa calidade de vida e a malvender o futuro das xeracións vindeiras.
Para nós, cada recuncho desta terra é protagonista no escenario da nosa infancia, o primeiro universo explorado. Para outros… o escenario dos seus negocios.
Novamente os intereses económicos dos que máis teñen están por riba do benestar da xente.
“Galiza, gárdasme o segredo?”
Adicado ás que colaboráchedes desinteresadamente…
Voz: Cristina Lombao
Música: Kai_Engel baixo licenza Creative Commons