A súa vivenda xa foi subastada e quedalles unha débeda de máis de 100.000 €, xa que non tiveron a sorte de que a dación en pago chegase pola vía xudicial tal e como acaba de acontecer no xulgado número 10 do mercantil de Barcelona. A pesares de que esta entidade foi rescatada cos cartos de todos, segue desafiuzando e realizando prácticas abusivas.