Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 10 Fevereiro 2017 06:37 Última modificação em Domingo, 12 Fevereiro 2017 16:15

Meio milhom de hectares de eucalipto na Galiza... já avonda! Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra nunhas 500.000 ha e aumentando. Xa cobre case o 17% de todo o territorio galego, mentras que en Portugal non chega ao 9%. A intensidade de ocupación do noso territorio é portanto dupla que no país veciño.

Porén, a Xunta insiste en priorizar a explotación forestalista, apostando pola produción de madeira con pouco valor engadido, pola biomasa forestal e os cultivos enerxéticos e inhibíndose fronte á presión das novas especies que como o Eucaliptus nitens, están xa a ocupar áreas anteriormente vetadas ao E. globulus.

Prohibir o Eucaliptus nitens por invasor

O Eucaliptus nitens, especie que pola súa resistencia ao frío está a ocupar territorios antes vetados ao E. globulus, é unha “especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas”, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente.

Malia a non estar formalmente incluido no Catálogo estatal de especies exóticas e invasoras, non hai dúbida de que o é. En consecuencia, e como acontece coas demáis especies invasoras (caranguexo e visón americano, herba da Pampa, etc.) tanto o Estado como a Xunta deberían prohibir a plantación, trafego e aproveitamento desta especie para preservar a integridade do noso patrimonio natural.   

Establecer unha fiscalidade verde para as plantacións de eucalipto

O aproveitamento intensivo do eucalipto comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística, son importantes para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade.

Os eucaliptais inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras e rías con agroquímicos e subprodutos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión, provocando perdas económicas directas e fosilizando importantes cantidades de recursos públicos (o PLADIGA -plano de loita contra o lume- custa anualmente uns 100 millóns de €).


En consecuencia, e tal como acontece con outras "ecotaxas" ou impostos verdes (céntimo sanitario nos combustíbeis, canon eólico ou hidroeléctrico) a plantación de eucaliptos debería estar gravada cun imposto que contribuira a reverter en parte as perdas que a súa explotación comporta á sociedade.

Paralelamente, aqueles modelos que apostan pola multifuncionalidade do monte e baseados no aproveitamento das especies autóctonas, deberían estar primados, mesmo sen ter unha fin produtiva. Os nosos bosques naturais prestan un importante servizo á sociedade, polo que semella lóxico que esta repercuta parte destes beneficios ecosistémicos a aquelas comunidades e propietarios/as que apostan pola súa conservación.

En ADEGA van traballar nestas propostas concretas sobre o eucalipto, emanadas da pasada 41 Asemblea, e facemos un chamado ás organizacións sociais e políticas para traballar e debater o seu desenvolvemento. Está en xogo é algo máis que un modelo forestal: está en xogo un modelo de país

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar