A explotación das xornaleiras do tomate que se hacinaban nas cuartelerías do Sur de Tenerife do pasado teñen as súas sucesoras nas camareiras de piso de hoxe. Esta é unha das ideas que o doutor en Xeografía e Historia, Victor Martín, exporá o vindeiro mércores a partires das 20.00 horas no Centro Social Autoxestionado A Comuna (Verea do Polvorín 35, baixo) O experto dará datos tan interesantes como que soamente o 15% dos beneficios
dun paquete vacacional dun turista nas Illas repercutirá nas mesmas xa que un 85% irá a empresarios de fóra das Canarias ou como o latifundismo ten o mesmo impacto social que ten en Andalucía e Extremadura. En resumen, a súa idea principal é como en Canarias se segue a reproducir un modelo extractivista e de baixo valor engadido onde o capital expolia os recursos coa axuda duns instrumentos fiscais regresivos ao tempo que se aumenta a precariedade salarial.
O doutor analiza o contexto de Canarias como se fose un entorno semifeudal no que, ademais de que a riqueza repercute máis no exterior que no interior, se conforma unha colonialidade con respecto a España a través dun réxime económico e fiscal especial que fomenta a concesión de subvencións ás élites posuidoras das terras. Victor Martín é parte do Grupo de Investigación sobre o Sudesenvolvemento e o
Atraso Social (GISAS) que tenta dar explicación ao subdesenvolvemento e a pobreza secular de Sudamerica e África ademais do atraso dos países do Sur de Europa.
Título: Palestra A Cuestión Agraria na explicación da pobreza urbana en Canarias polo doutor en Xeografía e Historia, Victor Onésimo Martín
Xoves 16 de febreiro de 2017
Hora: A partires das 20.00 horas
Lugar: Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35. Coruña)