O movemento campesiño a Liga dos Camponeses Pobres (LCP) visitará o Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35, baixo. Coruña) o vindeiro martes a partires das 20.00 horas para tratar das loitas pola terra no seu país de orixe, Brasil, onde defenden a ocupación e autoxestión das extensións cultivables.
O colectivo contará tamén as historias da represión brutal que se veñen sufrindo dende hai tempo por parte dos partidarios do latifundio, dos seus bandos armados e da policia. Un dos últimos exemplos desta represión vense producindo na rexión amazónica de Rondonia, onde bandas paramilitares están actuando contra os campesiños con torturas, detencións e mesmo asasinatos. A LCP considera que todos estes ataques están encamiñados a levar a cabo o maior roubo de terras deste século en Brasil. Curiosamente, Rondonia é o terceiro estado máis rico do Norte sendo responsable da riqueza xerada polo café, o cacao o arroz e a extracción de caucho, madeira e minerais.
Dende o goberno de Dilma Rousseff as terras brasileiras están cada vez en menos mans. Houbo unha caída de novos asentamentos rurais ou de titulación de territorios indíxenas e de quilombos (comunidades de descendentes de esclavos africanos), mentras aumentou a inversión na agroindustria.
Título: Palestra A Loita pola Terra no Brasil pola Liga dos Camponeses Pobres (Brasil)
Martes 21 de febreiro de 2017
Hora: A partires das 20.00 horas
Lugar: Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35. Coruña)