A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza, como xa fixo en anos anteriores, un amplo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, data do seu nacemento.
A AELG busca institucionalizar ese Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura, animando á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día.
Ademais do acto central, celebrado o pasado día 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG organiza en colaboración coa súa base asociativa estoutras lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro:
- Ás 18.30, no Centro Socio Cultural de Friol. Coa colaboración do Concello de Friol, a A. C. Xesta verde e a Asociación de Recreación Histórica Castronela. Coordina Antonio Reigosa (655 432 511)
- Ás 18.45, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real,12) e Centro Cívico (Rúa Oliva,12), de Vigo. Ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, percorrido até o Centro Cívico e lectura pública da obra de Rosalía de Castro. Coa colaboración do Concello de Vigo e da A. C. O Castro. Coordina Marta Dacosta (608 081 608)
- Ás 19.00, na Biblioteca Municipal Ágora (Lugar da Gramela, 17) da Coruña. Coa colaboración do Concello da Coruña e a Biblioteca. Coordina Mercedes Queixas (628 743 764)
- Ás 20.00, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204). Coa colaboración do Ateneo Ferrolán. Coordina Rosa Méndez Fonte (607 755 914)
- Tamén ás 20.00, na Casa da Cultura de Vilalba. Coa colaboración do Concello de Vilalba e Culturalia GZ. Coordina Martiño Maseda (650 798 054)
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou a escritora Ledicia Costas.
A AELG dá conta destes e doutros actos convocados por diversas entidades nesta páxina, e convoca a cidadanía a participar de todas esas actividades.