Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 26 Março 2017 07:17

Concurso escolar de vídeo-poemas sobre a obra de Rosalia de Castro e de Manuel Maria

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Língua/Educaçom / Fonte: CMMM

Na iniciativa, que busca fomentar o contacto coa poesía dunha forma diferente, pode participar calquera alumna ou alumno -ou grupo de estudantes -a partir de 3º da ESO. O prazo de preinscrición dos centros que desexaren participar deste certame finaliza o vindeiro 7 de abril 

Cando aínda resoa o eco dos recitados poéticos das e dos máis de cen estudantes que o pasado sábado 18 participaron na final do concurso escolar Rosalía sempre viva, a Casa-Museo Manuel María convoca unha nova iniciativa escolar dirixida a todo o alumnado non universitario: un concurso escolar de videopoemas protagonizado polos versos da obra en galego de Rosalía ou polos da amplísima produción poética de Manuel María para seguir achegando a poesía ás aulas a través de todo tipo de formatos.

Este concurso, que se convoca por vez primeira, está dirixido a alumnado de 3º da ESO en diante, incluindo, por tanto, Bacharelato, Ciclos Formativos e todo tipo de ensinanzas artísticas nunha única categoría. A participación poderá ser individual ou en grupo.

Os centros de ensino que desexaren participar deberanse preinscribir antes do venres 7 de abril a través do correo electrónico Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo.. Os traballos audiovisuais deberán ser enviados, por calquera medio dixital, antes do día 27 de abril. Posteriormente, un xurado composto por tres persoas do ámbito da literatura e do audiovisual seleccionará as pezas finalistas, que serán proxectadas nun acto público que terá lugar na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei o sábado 20 de maio, o que se comunicará aos centros antes do 8 de maio. Ao remate deste acto final premiaranse os dous mellores videopoemas presentados.

As pezas audiovisuais que se presentaren deberanse basear nunha composición poética escollida de entre a obra poética en galego de Rosalía ou de entre a produción lírica de Manuel María. O poema deberá aparecer sobreimpreso nalgún momento do vídeo, con independencia de que tamén o poida facer doutros xeitos. Deberanse enviar en formato MP4 e non superarán os 3 minutos de duración, incluídos os créditos, se os houber. Deberán ser pezas orixinais e inéditas. Caso de seren empregadas músicas, imaxes ou textos de terceiros deberán ser materiais libres de dereitos de autor. O non cumprimento destas indicacións invalidará o traballo presentado.

A Casa-Museo Manuel María ten como obxectivo, coa convocatoria desta nova iniciativa, potenciar a creatividade artística do alumnado galego a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe e, por sobre todo, seguir afondando na divulgación da obra literaria de Rosalía e de Manuel María, valéndose de diferentes formatos para achegar a poesía ás aulas e fomentando que se traballe activamente con este xénero literario. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar