"Seguen negándolle o acceso o parking de traballadores/as, así como a posibilidade de facer uso tamén dos diferentes economatos dos que dispón PSA en Vigo. Mais de tres meses dende que saíu a sentenza que David esta agardando ter o pase que o autorice a ter as mesmas garantías que calquera traballador/a da fabrica de Vigo, que a Dirección de PSA négalle. Actualmente non presta servizos na fabrica por decisión unilateral da Empresa". Da CUT denuncian que a pesar de que a sentenza do Tribunal Superior condenara a PSA a pagar 10.000€ por persecución sindical o traballador, esta persecución mantense no tempo e a Dirección da Empresa fai caso omiso a dita sentenza.
O Vindeiro día 14 de Marzo, celebrarase outro xuízo contra PSA por irregularidades na readmisión deste traballador. A Sección Sindical da CUT no suposto de non cesar esta persecución persoarase ante a Dirección de RR.HH do grupo PSA, para denunciar a situación deste traballador do Centro de Vigo. No día de onte, foi presentado un novo escrito de denuncia perante a Dirección da PSA Vigo.