Hai un problema de fondo que non dan superado, hai certo autismo ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representa a Plataforma, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. "Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que o apoiaron na súa investidura para presidente do Concello de Ferrol, estes son imprescindíbles. O lóxico, é que consulte a eses partidos en asuntos de tanta importancia como o é o saneamento e depuración".Tamén piden que consulte ou teña en conta ao movemento social, "que axudamos a que o Partido Popular perdera a maioría absoluta, destapando coa loita popular a estafa da Taxa e da depuradora que non depuraba, en definitiva o engano á veciñanza, o engano ao Poder Popular". "Sen entrar a un enfrontamento total", a Plataforma si comeza "a poñer as cousas no seu sitio, deixando espazo suficiente, para que lle dea tempo a rectificar e poñer-se do lado dos intereses do pobo, dos intereses da cidade, de quen ven defendendo un Saneamento Integral da Ría, da Xente do Mar, do medio ambiente".
É por iso polo que convocan unha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o vindeiro mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración (O Ensanche) - Diante da sede de Emafesa, onde vai ter lugar un Consello de Administración, no que o punto 6º da orde do día dí: "Solicitude, no seu caso, de concurso -preconcurso- do artigo 5 bis da Lei Concursal- voluntario de Emafesa".
A Plataforma publica unha folla informativa: