O servizo de urxencias alertó aos bombeiros de Ordes, á Garda Civil e a Protección Civil. Con todo, os bombeiros non chegaron a intervir ao confirmar Urxencias Médicas que a persoa estaba liberada e falecida.
A traballadora pertencía á empresa Valtalia, subcontrata de Sogama. Segundo as primeiras hipóteses, traballaba no proceso de selección de residuos. Á espera do resultado dunha investigación definitiva, todo apunta a que H.R.B., nacida no ano 1962, e veciña de Queixas (Cerceda) atopábase nunha cinta transportadora de recolleita de lixo genérica cando a máquina colleuna pola man, atrapouna e arrastrouna ata o interior do mecanismo.