O goberno central comprometeuse a acoller a un total de 17.337 persoas ata setembro deste ano e de momento, ata febreiro, só chegaron 1.141 delas. Porén, a pesar destas ridículas cifras, algúns concellos e parlamentos autonómicos mostraron iniciativas sobre acollida. Por este motivo, Amnistía Internacional quere que os concellos fagan pública unha cifra verdadeira do número de persoas que teñen a posibilidade de acoller, coa finalidade de que o goberno central asuma dunha vez a súa responsabilidade coa acollida de persoas que foxen da guerra e da persecución.
Por isto, "evaremos a cabo unha celebración fronte á Casa do Concello na Praza Maior de Ourense, á que asistirá a concelleira de asuntos sociais, Dna. Sofía Godoy, para que sexa a encargada de facer chegar ás autoridades estatais o compromiso de que este sábado #InauguramosCidade, acolledora".
Acto: Inauguración da #CidadeAcolledora
Lugar: Praza Maior de Ourense, soportais Casa do Concello
Data: Sábado 4 de marzo
Hora: 12:00