Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 03 Março 2017 12:37 Última modificação em Quinta, 09 Março 2017 14:41

8 de março na Galiza: Feminismo para avançar

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: Oito de Marzo Galiza

O movemento feminista galego convoca a manifestación unitaria polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema ‘Feminismo para avanzar: xuntas nunha mesma loita’.

A manifestación terá lugar o 5 de marzo, con saída ás 12:00 horas (Rúa do Hórreo, fronte á estación de tren) e chegada á Praza da Quintana. A loita contra as violencias machistas e o empoderamento das mulleres serán os eixos comúns na convocatoria unitaria deste ano.

Diversos colectivos, organizacións e plataformas feministas de Galicia realizan este ano a convocatoria unitaria da manifestación do Día Internacional das Mulleres, que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro domingo 5 de marzo.

A manifestación partirá da rúa do Hórreo (fronte á estación de tren), ás 12:00 da mañá e percorrerá as seguintes rúas: Rúa do Hórreo, Rúa da República Arxentina, Rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Senra, Porta Faxeira, Praza do Toural e Rúa Nova (en caso de choiva, este percorrido faríase máis curto). O remate será na Praza da Quintana, onde realizaremos o acto de peche coa lectura do manifesto, elaborado de xeito colaborativo polas entidades convocantes.

Como novidade, a lectura do manifesto correrá a cargo de 3 mulleres de distintos lugares do país cuxas historias e loitas representan ben a diversidade e forza do movemento feminista e das mulleres galegas. As lectoras serán Nélida Pisco, vítima de discriminación laboral en Autobuses de Calo (Compostela), Ángeles Fuertes, afectada polo conflito laboral de Linorsa (Ourense) e Pura Seoane, do Sindicato Labrego Galego (Pontevedra). O acto será conducido pola actriz coruñesa Isabel Risco.

Convocatoria diversa e incluínte

A convocatoria deste ano é froito do traballo en común dun amplo abano de persoas e colectivos de mulleres con visións e traxectorias diversas no feminismo, nunha aposta pola confluencia para acadar unha celebración do 8 de marzo ampla e unitaria. Os colectivos convocantes reflicten ben esta diversidade: Tamborililás - Batuke Feminista Compostela, Conas Ceives, Conclave de Feministas Aleatorias, Fiadeiras, Marcha Mundial Mulleres Galiza, Mulheres Nacionalistas Galegas e Plataforma Feminista Galega, ao que cómpre sumar apoios individuais e de organizacións mixtas.

O lema da manifestación, ‘Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita’ recolle precisamente o ánimo de xuntar esforzos e traballar en común na loita polos dereitos das mulleres e contra todas as manifestacións da violencia machista e contra o sistema heteropatriarcal.

Da plataforma convidan a acudir a esta manifestación unitaria e incluínte do 5 de marzo en Compostela, "na que agardamos que tanto o movemento feminista como as mulleres galegas na súa diversidade se sintan representadas e acollidas. Xuntas, reivindicaremos os nosos dereitos e a forza que nos da estar unidas na nosa diversidade".

Difusión e adhesións

Todas as novidades da convocatoria poden seguirse na páxina web do evento: http://8marzogz.feminismos.org/. Neste espazo atópase tamén o manifesto, así como un formulario de adhesións no que tanto organizacións como colectivos e persoas poden amosar o seu apoio a esta convocatoria.

Para axudar á difusión do evento na rede, convidan a compartir as vosas mensaxes de apoio co hashtag #5MSonFeminista e a seguir o evento en Facebook e as novas da páxina web. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar