Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 10 Março 2017 04:39 Última modificação em Sábado, 11 Março 2017 20:31

De cultivos a pasteiros e logo a eucaliptais: assim conquista o eucalipto o rural galego

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

As limitacións á forestación das terras agrarias, especialmente con eucalipto, presentes na Lei 7/2012 de Montes baten coa "doutrina" da Dir. Xeral de Montes que considera de xeito sistemático aos pasteiros como terreo forestal. Por esta vía e grazas a unha interpretación torticeira da norma e ao desleixo de Medio Rural, centos de hectáreas agrícolas están virando en eucaliptais.

Isto tradúcese directamente na perda de superficie agraria útil, convetida agora en plantíos de eucaliptos: por volta dunhas 5000 hectáreas só nos dous últimos anos.

Este grave incumprimento do artigo 61 da lei de Montes 7/2012, que establece severos condicionantes para o paso de uso agrícola a forestal, débese á interpretación que os servizos centrais da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal fan do pastoreo, uso regulamentado na mesma norma (art. 86.2: O aproveitamento de pastos polo gando en terreos forestais é un aproveitamento forestal segundo o establecido nesta lei). Deste xeito, para D. X. de Montes  todos os terreos "pastables" son forestais e, portanto, susceptíbeis de seren plantados, mesmo con eucaliptos.

Malia a resultar evidente que a Lei de Montes só regulamenta o aproveitamento de pastos en terreos forestais como un máis dos moitos usos do monte, e a que tamén hai pastos en terreos agrícolas, os responsábeis da consellaría consideran torticeiramente que "todo pasteiro é monte". Esta interpretación está a permitir a forestación mais ou menos encoberta de terreos agrícolas, que pasan de cultivos a pasteiros e finalmente a eucaliptais, sen sequera verse afectados polos condicionantes do artigo 61 (forestación de terras agrícolas), entre os que está a obriga de plantar en exclusiva frondosas autóctonas.

Esta directriz, a "instrución pasteiros" tense xirado dende San Lázaro ás delegacións provinciais e distritos forestais, xunto con outra particular instrución: a de considerar prevalente a clasificación do solo nun PXOM sobre o uso real do terreo. Deste xeito se no PXOM do concello o solo figura como "de especial protección forestal" malia a que o uso real sexa agrícola, Montes permite o "ponteo" do art. 61 e autoriza a súa forestación, mesmo con eucaliptos.

Estas interpretacións espúreas da norma que promove a cúpula directiva de Medio Rural e deben acatar os distritos e delegacións provinciais están a provocar que ducias de denuncias de plantacións ilegais sexan arquivadas.

Resultado: a forestación "pola porta de atrás" de milleiros de hectáreas agrícolas con eucaliptos.

Este proceder non é casual: explíacase pola total sumisión da Xunta ao lobby do eucalipto e a indiferenza fronte ao dspoboamento do rural. Primeiro, promóvese o abandono das explotacións e dos labores agrícolas nas terras produtivas, convertidas no millor dos casos en praderíos. E este abandono fomentado a mantenta, xunto co retorcimento cómplice da norma, trae despois consigo o eucalipto.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar