Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 11 Março 2017 11:54 Última modificação em Segunda, 13 Março 2017 12:03

Grande manifestaçom em Vigo no Dia Internacional da Mulher Trabalhadora

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: Izquierda Diario

[Irene Tankian] Este 8 de marzo milleiros de mulleres saíron a loitar polos seus dereitos en Vigo nunha mobilización que durou horas. 

Como todos os anos, este 8 de Marzo as mulleres saímos ás rúas para denunciar a situación de desigualdade que continuamos padecendo. Milleiros de mulleres mobilizámonos en Vigo e outras cidades de Galiza para reclamar os nosos dereitos e reivindicar a ideoloxía feminista como única alternativa para a liberación do noso xénero. Moitas outras mobilizacións producíronse no resto do Estado español, desenvolvéndose unha xornada de loita moi combativa. Todo isto como parte dun movemento internacional de mulleres que está a crecer en todo o mundo

Coas nosas consignas posicionámonos  a favor dun feminismo anticapitalista, que mire polos intereses das obreiras. Defendemos o dereito a decidir sobre os nosos corpos e a abortar se así o desexamos, sen que ningunha institución nin lei nos obrigue a parir; o fortalecemento das leis contra as violencias machistas, para estas cheguen a ser efectivas; e o noso dereito a ir seguras pola rúa. Tampouco faltaron berros contrarios á maternidade subrogada, que non é mais que outro xeito de mercantilizar o corpo das mulleres e persoas con útero.

A pesar da falta de medios e de representación mediática a manifestación foi un éxito e a atraeu a moita xente, preto dunhas 3000 persoas. Houbo pouca presenza policial e a manifestación prolongouse no tempo despois da lectura do manifesto. Mostrouse combatividade por parte das compañeiras que berraron con forza e convicción polos nosos dereitos

Non podemos evitar nomear ás  compañeiras que durante 26 días fixeron folga de fame en Madrid por un pacto de Estado contra as violencias machistas silenciadas e ignoradas non só polos medios de comunicación, se non tamén polos partidos políticos que se din de esquerdas, como Podemos. Tamén lembrar que en moitos países fíxose unha folga de mulleres apoiada polos sindicatos maioritarios para que fose efectiva, como en Arxentina, onde xurdiu inicialmente esta idea. Neste senso denunciamos aos sindicatos maioritarios que non fixeron o mesmo no Estado español, á vez que saudamos a iniciativa de CGT Andalucía que si que convocou ao paro. Esiximos aos sindicatos maioritarios que convoquen folga nas xornada de loita feminista, permitindo ás mulleres secundala, e aos homes solidarios para se sumar.

Mais, a pesar de todo cada vez son máis as compañeiras que se decatan da opresión que xofren por seren mulleres e loitan a diario para mudalo. Non poderán calar ao 50 % da poboación.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar