Antecedentes
O 22 de setembro do 2004, ás 0.00h, o ex garda civil Carlos Viña, con evidentes síntomas de embriaguez, denuncia o seu fillo Diego Viña por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar. Ás 02.45h Diego Viña é detido no seu domicilio e conducido ao cuartel da Garda Civil de Arteixo. Ás 16.56 horas Diego Viña falece no devandito cuartel á idade de 22 anos.
Tras o falecemento, a nai do mozo alegou que a denuncia do pai, Carlos Viña, fora formulada coa a única intención de botar o fillo da casa e que polo tanto era falsa, e denunciou o comandante do posto da garda civil de Arteixo (G00402P) e os axentes W97788Z, 34896949, Q47830E e T68012Z como autores dun delito de homicidio doloso en comisión por omisión e de detención ilegal.
Durante o procedemento os gardas civís implicados declararon que estaban ao tanto do que facía o arrestado a través do audio das videocámaras e que foi un silencio, despois de varias horas de berros e golpes, o que lles levou a sospeitar que algo podía estar a suceder. Segundo a súa versión, ao baixar ao calabozo atópano colgado do barrote superior da porta da súa cela cun anaco do seu pantalón.
O principal instrumento da morte de Diego, “o pantalón co que se aforcou”, desapareceu “misteriosamente” por ser “arroxado ao lixo”, tal e como recoñeceu na súa declaración o comandante do mencionado cuartel.
O 12 de outubro dos 2008, como en anos anteriores, familiares e achegados de Diego Viña reúnense fronte á Igrexa Parroquial de Arteixo durante os actos do día do Pilar e son acusados dun delito de detención ilegal e contra a liberdade de culto, procedemento que foi arquivado.
Sen embargo, dous anos despois, o 12 de outubro do ano 2010, ao volverse a reunir no mesmo lugar de xeito pacífico, a garda civil identifica indiscriminadamente a 15 persoas e as imputa como autoras presuntas dun delito de inxurias a garda civil, acusadas de berrar “A GARDA CIVIL TORTURA E ASASINA”.
O vindeiro 6 de xuño, 6 anos máis tarde, serán xulgadas estas persoas pola súa solidariedade.
QUEREMOS SABER COMO MORREU DIEGO
Trecho da entrevista a Dominga González Vieitez en La Haine:
“Cando se nos está atacando e se nos está denunciando a nosoutras que loitamos contra as inxustizas, é porque lles molestamos, por que lles estamos facendo dano. (...) Eu creo que lles estorbamos, lles fai dano que esteamos aí protestando coas fotografías dos nosos fillos e eles aproveitan isto para meternos medo.
Pero o que é mais rastreiro é que enriba se atrevan a denunciar as nais e a familia, enriba de que somos as mais prexudicadas. O que están facendo é castigar a dor. O problema é que non se depuran responsabilidades, nin se investigan estes feitos, cando suceden casos así ten que realizarse unha investigación e os culpábeis teñen que pagar.
Nos últimos meses, o ataque contra a liberdade de expresión é total..., con casos como as operacións araña, os titiriteiros... tamén ultimamente outros casos como as detencións en Burlada (Navarra) por realizar un mural denunciando a tortura, ou o noso, por pedir o esclarecemento do caso de Diego Viña. Se está así perseguindo directamente a que nes sosteñen que no estado español se tortura... * aí esta o caso de Jose Antúnez, denunciado polos relatores de dereitos humanos da ONU: organismo que recoñece que no Estado Español se tortura, ou tamén o TEDH que xa condenou moitas veces a España por torturas. Hai sentencias que o recoñecen....
Eu persoalmente vin ao meu fillo no hospital de Juan Canalexo, como o tiveron, paralizado e esposado ao somier da cama, dicíndome que morría meu fillo, que de feito morreu. Ousexa, torturaron ao meu fillo, o humillaron, e a min con el. Así que eu digo que a tortura existe”.