Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 18 Março 2017 14:01 Última modificação em Segunda, 20 Março 2017 12:19

APDR anuncia que planta de biomassa em Cercedo-Cotobade traria mais eucaliptizaçom para beneficiar ENCE

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: APDR

Esta semana, nunha conferencia de prensa, o presidente e o vicepresidente da xestora de CerdedoCotobade (Jorge Cubela e José Balseiros), ambos do Partido Popular, facían pública a súa solicitude para a instalación no territorio dese concello (na parroquia de Folgoso) da planta de biomasa que Ence tería proxectado supostamente para Lourizán e que, incumprindo as súas promesas á Xunta vai facer en Huelva.

Desde a APDR rexeitan esta posibilidade rotundamente. Unha planta de biomasa de 40 MW como a que Ence pretende levar a cabo, tan só beneficiaría os intereses da empresa. A queima de materia vexetal procedente de cultivos enerxéticos como o eucalipto para producir electricidade non é nin unha forma ecolóxica de produción de enerxía nin unha alternativa de futuro e emprego para as veciñas e veciños dun concello rural como este.

Como a propia Xunta recoñece, unha planta destas características non cubriría nin de lonxe a súa demanda de materia vexetal con residuos forestais, necesitaría aportes continuados de material procedente de novos plantíos de cultivos como o eucalipto, con ciclos moi curtos de plantaciónqueimaplantación, e o uso masivo de abonos e tratamentos químicos, que empobrecerían os solos e provocarían unha nova vaga de eucaliptización que ocuparía terreos gandeiros e agrícolas produtivos, imposibilitando outros aproveitamentos agora e no futuro.

É ese o único futuro que o goberno municipal de CerdedoCotobade pode ofrecer? Reforzar o desleixo e o abandono do rural para converter este territorio nun deserto verde? Impedir o desenvolvemento doutras alternativas económicas compatíbeis coa conservación do medio, do territorio e dos seus valores culturais e paisaxísticos, capaces de fixar xente no rural en lugar de desprazala? Así pretenden contrarrestar o grave declive demográfico que padecen? Os graves incendios forestais do ano pasado en Cotobade non deberían facer reflexionar sobre un modelo forestal desfasado e curtopracista, en beneficio exclusivo dunha empresa como Ence?

Ben sabemos que esta é a liña que a Xunta do PP, ao ditado de Ence, quere impor para o rural galego. Por iso derrogou o decreto 149/2008 para eliminar a limitación de potencia das plantas de biomasa (que estaba establecida en 10MW) e poder dar paso á construción de megaplantas.

Mais este modelo, que é a morte do rural, pode e debe ser rexeitado e combatido. A planta de biomasa de Ence non debe ser construída nin en Lourizán nin en CerdedoCotobade nin en ningún outro lugar do país.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar