En Vigo, actualmente existen dous albergues nos que o máximo de tempo que está permitido estar é de 10 días. O de Teis ten previsto o seu peche proximamente e se converterá nun xeriátrico de pago. Dende o cambio de propietarios de este albergue, as mulleres foron totalmente excluídas sen ningún apoio nin acción por parte do concello.
As mulleres sen teito son un colectivo moi vulnerable xa que a opresión que sofren polo seu xénero acentúase coa pobreza. Por desgraza, a rúa non é un lugar seguro para ningunha muller, todas estamos expostas a acoso, violacións e agresións de todo tipo, pero no caso das mulleres sen teito é moito peor debido ao clasismo da sociedade, falta de recursos e indefensión legal.
Esta situación deixa na rúa a 38 persoas sen contar todas as mulleres que xa nin sequera podían entrar. As condicións nos albergues tampouco son boas, o traballo de inserción social é nulo e no 2016 máis da metade do diñeiro destinado para o albergue foi dedicado a os soldos dos traballadores sen contar o diñeiro que deriva ás ganancias da empresa.
Ademais, o presente goberno destinou cuantiosos fondos á colocación de bancos e obras de pouca utilidade, como escaleiras mecánicas que avaríanse continuamente, un barco plantado nunha rotonda, así como outras inversións que mostran a especulación urbanística. Por outra parte, estes bancos son considerados polos grupos de colectivos sen teito como “anti-persoas”, pola súa imposibilidade para deitarse neles debido a unha barra de metal que divide o banco. Parece ser co único que importa para o goberno local é a imaxe, e non a situación das persoas que viven na cidade.
O alcalde, Abel Caballero, negouse a responder no pleno municipal ás preguntas realizadas sobre este problema que abarca a máis de 100 persoas en Vigo e saíu durante a duración da ronda de preguntas. Despois disto volveu e seguiu con normalidade o pleno, ao irse durante o proceso volvéronlle a preguntar sobre este tema e respondeu “ eses son catro da rotonda e un xitano”. A falta de respecto por estas persoas e o cinismo de este alcalde son alarmantes. Un alcalde que alardea da súa inversión en axudas socias cando segundo fontes do ministerio é o número 117 dos 350 concellos de máis de 20000, nunha situación precaria segundo estes datos.
Abel Caballero xa chamou a atención pola súa despreocupación ante temas socias cando no barrio obreiro de Coia nun momento de crisis gastou 300.000€ en trasladar un barco a unha rotonda ignorando as protestas de ata 40 colectivos, ante isto houbo varias manifestacións e loita social que acabou con varios detidos.
Para maior gravidade, os trámites burocráticos para pedir axudas son extremadamente longos, a axuda primordial que teñen estas persoas é o RISGA cunha axuda de 426€ ao mes e esta tarda 8 meses en darse, estando agora mesmo en risco de exclusión social miles de persoas. As persoas que o reciben están continuamente observados por un asistente e no caso de calquera transacción económica non informada anteriormente arrebataríase esta axuda aínda que sen ela podas quedarte na rúa, para volver a pedila tes que esperar tres meses e sen garantía de que a devolvan.
Ante esta situación colectivos pola vivenda e dereitos dos sen teito como Os Ningúens, a RSP e a PAH, así como sindicatos como a CUT, CIG e CGT e partidos políticos de esquerda están apoiando esta iniciativa. Unha idea que xurdiu de Juan, un activista sen teito que leva dous anos vivindo na rúa. Ao darse de conta de que hai moita xente na súa situación decidiu falar con estes colectivos para impulsar un movemento de loita que poida acabar con estes problemas.
Os maiores representantes de esta acampada son Juan e David. Aseguraron que estarán de forma indefinida ata que o concello solucione a situación e que calquera tipo de apoio será agradecido, informan que loxísticamente non failles falta nada e que calquera tipo de acto que se queira realizar na praza do concello será ben recibido. Teñen unha conta de Facebook : “Acampada contra a pobreza Vigo” e están realizando unha recollida de firmas no concello que conta xa con 2.200.
Neste sentido propomos que son necesarias solucións para a xente que padece está situación, ou en risco de facelo. É imprescindible a expropiación dos pisos baleiros a os bancos, así como a utilización dos que están en propiedade do concello, para súa dación en réxime de aluguer social ás persoas que o necesiten. Non é tolerable que haxa casas sen xente, e xente sen casa. Así mesmo, esiximos que se aumenten os ingresos de miseria do RISGA, ata acadar ingresos que permitan unha vida digna ata acadar, polo menos, o salario mínimo interprofesional.
Para acadar estas demandas, é necesario un gran movemento de loita, onde colectivos específicos e outros axentes fagan fronte común. Esperamos que colectivos e sindicatos empecen a mobilizarse pronto con concentracións e outras actividades de visibilización do problema. No caso dos sindicatos, cremos que é súa obriga a de convocar á loita en apoio á clase traballadora en paro, que azoutados pola crisis económica capitalista, vense condenados á pobreza. Facemos un chamamento para a unión de forzas e apoio a estas persoas, así como a todo o colectivo en risco. Non podemos tolerar que haxa persoas vivindo na rúa.