Estudios científicos demostran, que si nas cidades situamos de xeito estratéxico árbores, estes conseguen arrefriar o aire entre 2 e 8 grados centígrados o que nos demostra, a importancia que teñen os árbores ademais de, contribuír a fixación de carbono co cal, son un potente recurso natural que non necesitan apenas gastos pra loitar contra o cambio climático e ter un planeta máis saudável e limpo.
Por todo isto dende ADEGA- FERROLTERRA este día 23 as 19.30h no salón do vello hospicio (r/Méndez Núñez s/n, Amboaxe-Ferrrol) van realizar unha Palestra pra falar da importancia dos valores meio ambientais e patrimoniais dos montes de Brión e do Cha. Uns montes que até fai pouco, a autoridade portuaria quería fazer deles unha entulleira, onde se ían a depositar o entullo non valorizável proveniente de construír o túnel do tren ao porto exterior. Uns montes estes, que teñen unha gran riqueza cultural xa que neles, se constatou a presenza de máis de 50 xacementos arqueolóxicos e ademais a veciñanza está loitando pra que volvan ser de man común.
Nesta palestra falarán un representante da veciñanza de Brión (José Oreona), un membro do Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos (Alberto López) e un profesor (biólogo) da UDC, máximo experto na floresta da Costa Ártabra (Jaime Fagúndez).
A entrada é de balde