Música Galego-Portuguesa, unha iniciativa que se fai coincidir co trixésimo aniversario da morte de José Afonso e que nace con vocación de ter continuidade, tal e como explicou o concelleiro de Educación, Rubustiano Labraña, durante a súa comparecencia de prensa. Da iniciativa, Labraña destacou , alén diso, que ten un formato variabel, co fin afondar no coñecemento da música lusa e que nesta primeira edición tamén ten o alvo de render homenaxe a un artista “épico, único, un dos máis importantes e representativos cantautores que houbo a nivel mundial”. O concelleiro recordou que Cedeira acolleu o único concerto que deu Afonso en Galicia fóra das grandes cidades. Esta primeira cita co fado, o pop e a música coral portuguesa terá lugar os días 19, 20 e 21 de maio.
O programa inclui desde unha exposición biográfica e musical sobre a figura de José Afonso até a actuación ao vivo do seu herdeiro musical e sobriño, João Afonso, quen conlleu influencias da música urbana africana e da música popular portuguesa pola influnencia do Zeca. A sua colaboración em Maio Maduro Maio (1994), en parceria con José Mário Branco e Amélia Muge, valeulle a atribuición do Prémio José Afonso. En 1999 canta o tema Aquí em baixo (Azul) no disco de Uxía. En 2014 edita “Sangue Bom”, músicas de sua autoría sobre poemas de Mia Couto e de José Eduardo Agualusa.
Os contidos darán comezo coa inauguración da mostra, acto que será a sexta-feira 19, ás 20.00 horas, no Palacete Municipal de Cedeira. Paulo Esperança, vicepresidente da Associação José Afonso(AJA), é o comisario dunha exposición que estará aberta ao público quince días. Ese mesmo día, a partir das 21.30 horas, a actividade trasladarase ao pavillón para acoller “Cedeira canta a Zeca”, unha iniciativa do Concello para reunir a grupos locais a carón da música portuguesa.
O sábado día 20 haberá unha mesa redonda no Palacete, ás 12.00 horas, e pola tarde, xa no auditorio, o concerto que leva por título “De outra margem”, no que está incluída a actuación de João Afonso. O festival fechará o domingo cun novo concerto, que será ás 18.00 horas no auditorio, a cargo do grupo de Intervenção da AJA.