Este proxecto, ademais, é o evento político de maior mobilización das masas populares en Europa nos últimos anos, conseguindo sacar, ano tras ano, millóns de persoas á rúa exixindo a súa liberdade coma pobo. Isto provocou a rabia e as ameazas dun estado español cada vez máis podre, cada vez máis insostible e que, cada vez máis, se ve obrigado a empregar a forza e a represión para sosterse como o cárcere de pobos que é.
Tras anos de intentos, pequenas vitorias mais tamén algún revés, este ‘proceso’ independentista está chamado a rematar o vindeiro 1 de outubro, co referendo unilateral de independencia e coa previsible declaración unilateral de independencia coa vitoria do si.
Así pois, dende Isca!, para coñecermos mellor a realidade catalá e para amosar a nosa absoluta solidariedade co seu pobo, contaremos o vindeiro venres 15 de setembro ás 20:00h na Gentalha do Pichel de Compostela con Mònica Pujadas, portavoz das AJUP (Assemblees de Joves per la Unitat Popular), un dos actores xuvenís principais na Esquerra Independentista catalá, , así como con Òscar Condomines, membro do movemento estudantil pola independencia, Universitats per la República. Estará connosco tamén Noa Presas, militante de Isca! e deputada do BNG no Parlamento Galego. Ao rematar teremos música e petiscos.
Porque a solidariedade é a tenrura dos pobos. Porque cremos no internacionalismo e en tecer redes de apoio mutuo entre organizacións irmás. E pola independencia de Catalunya, Galiza e todos os pobos oprimidos do mundo.
Visca la Terra lliure! Viva Galiza ceibe e socialista!