Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 23 Junho 2016 07:49

SOS Racismo denuncia que a Renda Social Municipal da Corunha exclui pessoas migrantes sem documentaçom

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos, Migraçons, Antifascismo e anti-racismo / Fonte: SOS Racismo

Dende SOS Racismo Galicia queremos denunciar, o que ao noso entender é unha falla de sensibilidade, responsabilidade e incumprimento das promesas feitas por distintos cargos do goberno da Marea (El País. 20/10/2015), no que atinxe a unha siginificativa parte da veciñanza da cidade da Coruña: persoas inmigrantes sin permiso de residencia, que quedaron excluidas da recentemente aprobada Renda Social Municipal por unha cuestión de “encaixe legal”.

Este feito é especialmente grave, pois trátase do exemplo paradigmático de colectivo que precisa de ferramentas que apoien a súa inserción. Lembremos que a maioría destas persoas están perfectamente integradas e documentadas, e existen rexistros nas diferentes ONG da cidade polas que teñen pasado estas persoas, deixando constancia da súa pertenza á cidadanía. Esta exclusión e discriminación supón un enorme risco para esta poboación, que ve como a fenda da desigualdade ampliáse ante os seus ollos, e queda desamparada nunha evidente situación de vulnerabilidade.

SOS Racismo Galicia tiña altas expectativas con respecto ás políticas de inclusión do Concello da Marea polo seu compromiso co colectivo migrante, amosado polas responsables das Concellarías de Xustiza Social e Coidados e de Igualdade e Diversidade, mais lamentamos que non se materialice nunha cuestión tan vital para o dito colectivo como é o acceso a unha prestación social que garanta, incluso, a súa supervivencia.

Non temos que recordarlles que algunhas das principais vías de ingreso dun Concello son as transferencias correntes (cartos que reciben do estado polo número de persoas empadroadas); impostos indirectos (IVE) e impostos directos e taxas (Orzamento Xeral Municipal 2016 do Concello da Coruña). As persoas en situación irregular administrativa veciñas da Coruña, contribuen tamén a todas estas fontes de ingresos. O dramático, e que non teñen os beneficios destes.

Engaden de SOS Racismo, que incluso una lei tan pouco «amable» coas persoas inmigrantes como a lei de estranxeiría (LEY ORGÁNICA 4/2000, de 11 de enero, sobre Derechos y Libertades de los Extranjeros en España), fala de que as persoas inmigrantes, para a súa integración, deben ter o dereito á seguridade social e aos servizos sociais (artigo 2 ter, “Integración de los Inmigrantes”). Así mesmo, o artigo 14.3 da mesma lei dí que “Los extranjeros, cualquiera que sea su situación administrativa, tienen derecho a los servicios y prestaciones sociales básicas”. Pensan que, tendo en conta a discriminación que sofren con respecto á RISGA (imposibilidade de solicitala), o Concello da Marea tería que ter traballado con máis forza para poder ofrecer unha alternativa viable, aproveitando o traballo desenvolvido coa Renda Social Municipal, sin deixar «para máis adiante» unha cuestión de vital importancia (de mera supervivencia incluso), para un importante número de persoas que conviven na nosa cidade e forman parte do 99%.

De igual xeito, consideran que non é necesario lembrar que recentemente na veciña localidade de Santiago de Compostela, foi aprobada a renda municipal, aberta a ser solicitada por calquera veciño ou veciña da cidade, independemente da súa situación administrativa. A igualdade de dereitos da cidadanía ten que ser real é efectiva.

Gostarian ademais, de que a Xunta de Galicia tivese en conta que hai opcións que permiten non discriminar e excluir, tal e como acontece en Euskadi, onde o goberno autonómico a través do seu  órgano público de emprego (LANBIDE), ofrece unha renda de garantía de ingresos, accesible para as persoas que non posúen permiso de residencia, así como a Renta Social Garantizada aprobada recentemente polo Goberno de Illas Baleares (BOE núm. 105 de 02 de Mayo de 2016)

Por todo isto, SOS Racismo esixe:

- A non discriminación das persoas inmigrantes en situación administrativa irregular ao acceso da Renda Social Municipal, así como, a calquer outro servizo ou recurso público. No caso de existiren inconvintes legais para a inclusión deste colectivo, entenden que se deben construir ferramentas alternativas que a garantan. Esta alternativa debe formar parte do proxecto da Renda e non deixarse para máis adiante pola súa urxencia.

- Unha verdadeira e efectiva “cidade de acollida” (EntreNós. 7/04/2016) onde ningunha persoa sexa discriminada pola súa situación administrativa á hora de ser beneficiaria de prestacións sociais.

- A presentación e materialización inmediata dun programa con vías de acceso alternativas para as persoas en situación administrativas irregular.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar