Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 23 Junho 2016 07:47

Médicos Sem Fronteiras condeada por discriminaçom laboral por razom de nacionalidade após denuncia da CNT

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia, Antifascismo e anti-racismo / Fonte: CNT
 A ONG ven de ser condenada por discriminación por razón de nacionalidade a un traballador e unha traballadora. 
  • A CNT gaña por segunda vez nos xulgados, despois de conseguir a reposición das condicións salariais do persoal.
  • O sindicato maioritario en Médicos Sin Fronteras pide a cabeza da responsábel de persoal.
    A ONG Médicos Sin Fronteras ven de recibir un duro pau xudicial nesta semana. Xa son dúas as sentenzas favorábeis ao sindicato CNT, a primeira, por modificación unilateral das condicións contractuais e a segunda, máis grave, por vulneración de dereitos fundamentais ao ter discriminado a organización humanitaria a un traballador e unha traballadora por razón de nacionalidade.
     Son estas as primeiras sentenzas que dan a razón á organización anarcosindicalista, sindicato maioritario na ONG, dentro das máis de 40 demandas presentadas e o conflito colectivo relativo á cláusula abusiva de rendemento que MSF aplica ao cadro de persoal de captación.
     A primeira sentenza condena á ONG a a repor as condicións salariais modificadas inxustificadamente despois de ter aplicado un novo convenio colectivo.
     Con respecto á demanda por discriminación, segundo fontes sindicais «Médicos Sin Fronteras modificou en 2014 os contratos temporais, en fraude de lei, por indefinidos para todo o persoal excepto aos non residentes, a pesar de contaren con todos os permisos necesarios». Agora, o Xulgado número 3 de Compostela recoñece a vulneración do dereito fundamental, artigo 14 da Constitución, e obriga a MSF a «cesar na súa conduta e converter os contratos en indefinidos».
     A Sección Sindical da CNT en MSF salienta que a ONG se negou constantemente a solucionar unha situación irregular en base ao diálogo, motivo polo cal «foron iniciadas as accións sindicais de denuncia pública nas rúas en diversas partes do Estado, como Compostela, Vigo, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Málaga ou Valencia», nomeadamente a través dunha campaña de denuncia co slogan «moitas cores, mesmos dereitos».
     O sindicato libertario espera que «MSF respecte esta decisión xudicial e non se demoren máis os trámites legais para que os traballadores discriminados deixen de estalo». Alén diso, adiantan que consecuentemente se pedirá formalmente responsabilidades á ONG que «pasarían polo cese da Responsábel de Persoal, Carmen Moraño, como máxima responsábel desta situación».
     Por último, a CNT espera que «MSF informe desta sentenza ao persoal de captación de todo o Estado, ao cal enganou e mentiu ao longo do conflito». 
    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Doaçom de valor livre:

    Microdoaçom de 3 euro:

    Adicionar comentário

    Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
    Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

    Código de segurança
    Atualizar

    Publicidade

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

    O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

    O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

    Aceitar