Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 20 Novembro 2018 22:40

Feminismo viguês promove atividades e mobilizaçons polo 25N

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: Feminismo Unitário de Vigo

O Feminismo Unitario de Vigo imos temos previstas unha serie de actividades en torno ao 25 de novembro, día internacional contra ás violencias machistas, co lema ‘loita feminista contra o terrorismo machista’.

O Feminismo Unitario de Vigo expresamos a nosa máis enérxica repulsa contra as violencias machistas que este ano 2018 asasinou a 81 mulleres e 11 crianzas no Estado español, 4 delas na Galiza. Nos últimos sete anos, medio centenar de galegas foron asasinadas por mor do terrorismo machista, 900 en todo o estado.

Denunciase 4 agresións sexuais ao día según datos según datos do Ministerio do Interior. E o 80% dos casos non se denuncian.

Miles de mulleres e nenas son asasinadas, agredidas, violadas, acosadas e denigradas cada ano. Ainda sendo as receptoras de toda esta violencia as campañas siguen estando centradas en nós en non nos agresores. Queremos que se sinale aos causantes desa violencia tanto por parte das administracións públicas como por parte dos medios de comunicación.

Estas cifras demostran que a violencia machista é un problema de extrema gravidade e unha vez máis as institucións están a demostrar a súa incapacidade e a súa falta de compromiso.

O ano pasado aprobouse o Pacto de Estado contra as Violencias Machistas, un pacto que dende o feminismo calificamos de insuficiente posto que unicamente supoñía o 0,04% do total dos orzamentos do Estado. Estos orzamentos, aínda sendo moi escasos permitirían dotar a CCAA e municipios dos recursos precisos para a prevención educativa e sanitaria e para atención xurídica, psicolóxica e social de proximidade. Mais non se da posto en funcionamento.

Un ano máis volveuse a demostrar que o sistema xudicial é un fiel reflexo da sociedade patriarcal; formada por unhas leis obsoletas e sen perspectiva de xénero, que humillan e culpabilizan as mulleres mentres dotan de impunidade aos agresores. En definitiva, unha xustiza que deixa na desprotección máis absoluta ás crianzas e ás mulleres.

En todo isto xoga un papel fundamental os medios de comunicación e especialmente as mulleres xornalistas que recentemente constituironse como colectivo nacional e que o pasado 8 de marzo demostraron o seu compromiso na defensa dun xornalismo feminista. Sen o seu apoio á convocatoria o pasado mes de marzo o éxito das mobilizacións non houbese sido tal polo que dende aquí queremos reivindicar o papel tan relevante que están xogando.

Por todas estas razóns Feminismo Unitario de Vigo convoca unha campaña con actos previstos durante toda a semana e que remata coa manifestación o próximo domingo 25 de novembro. Esta convocatoria até hoxe conta co apoio de 18 organizacións

As actividades que imos realizar son as seguintes:

Martes 20 debate aberto “En defensa dun xornalismo feminista” coa presenza de Claudia Morán, voceira de Xornalistas Galegas no IES Politécnico de Vigo ás 19h

Xoves 22 proxección audiovisual sobre a historia do 25 de novembro na Cova dos Ratos (R/ Romil nº3) ás 20h

Venres 23 Performance e manifestación silenciosa non mixta na Praza da Pedra ás 19h Prégase vir de negro.

Domingo 25 Manifestación contra as violencias machistas con saída ás 12h no cruce de Urzáiz con Vía Norte.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar