Hai motivos para caducar a concesión
As mentiras co respecto á depuración de augas residuais no EDAR de cabo Prioriño que resultou que non depuraba que nin tan se queira un litro de auga. Os fallos estruturais da propia planta recepcionada sen as probas preceptivas que obrigou á contratación dunha auditoría técnica da mesma. O sistema de saneamento imposto xa obsoleto, desde o primeiro día das obras, cunha capacidade de tanques de tormentas reducida á metade do que indicaban os estudos técnicos para conseguir reducir a niveis "aceptábeis" a contaminación das augas mariñas da nosa Ría. A aceptación dos convenios con Acuaes e Augas de Galicia, prexudiciais para a economía e os intereses xerais da cidadanía. A ocultación e a xeración da chamada crise da auga de Ferrol, hai un ano, por case un mes da falta de potabilidade da auga do abastecemento ao conter fora dos parámetros recomendados, elevados niveis de trihalometanos na auga, superiores aos máximos que establece a OMS que deixaron sen auga potábel por varios días a unha poboación de máis de 140.000 habitantes. E por último a imposición e cobro dunha taxa de depuración, sen participación cidadán, nin transparencia, mesmo ilegal, pois foi cobrada antes de facer o preceptivo censo e xa non digamos cobrar unha taxa de depuración, cando a depuradora non funcionaba. Mesmo o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Ferrol, hai uns día, deu-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario, do 18 de setembro do 2015, de suspensión da taxa de depuración... todos, motivos suficientes para caducar a concesión e iniciar un proceso de remunicipalización [2] .
Actos pola Auga en Ferrol
Pola mañá, no Concello, acto institucional e aberto aos medios: A remunicipalización da auga e o saneamento.
Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS, membros electos dos concellos de Ferrolterra e da Plataforma. Acto aberto aos medios de comunicación.
DÍA: Mércores 29 de Xuño de 2016.
HORA: ás 12 do mediodía.
LUGAR: En Ferrol, na Sala de Recepcións do Palacio Municipal (Praza de Armas, s/n).
OBXECTIVO: Despexar dúbidas sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga (Abastecemento e Saneamento). Cóntase coa colaboración do Alcalde de Ferrol que accedeu a participar e conceder a Sala de Recepcións para a realización do Acto.
Pola tarde, no Ateneo, acto público: A remunicipalización da auga e o saneamento.
Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS.
DÍA: Mércores 29 de Xuño de 2016.
HORA: ás 19:30 horas.
LUGAR: En Ferrol, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).
OBXECTIVO: Informar e debater sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga.
[1] Luís Babiano, xerente de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento - @aeopas). Especialista en procesos de remunicipalización da xestión do ciclo integral da auga. Anteriormente exerceu, entre outras tarefas, como Asesor do Director Xeral do Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Responsábel da área de Sociedade e Territorio do Centro das Novas Tecnoloxías do Auga (CENTA).
[2] Existen casos exitosos de remunicipalización da xestión da auga. En varios concellos do estado: en Torrelavega (segundo núcleo máis importante de Cantabria), Ermua (Vizcaya), Arteixo (Coruña), Manacor (Mallorca), Medina Sidonia (Cádiz), Arenys de Munt (Barcelona), Lucena (Córdoba) ou os 22 pobos da provincia de Sevilla agrupados en Augas do Huesna. E tamén a nivel internacional existen xa moitos estudos que analizan a transición do abastecemento privado de auga ao público e todos destacan a Paris como un modelo de referencia. Na capital francesa o recibo baixou un 8% durante o primeiro ano e obtivéronse beneficios de 35 millóns de euros. Ademais, non están permitidos os cortes de auga para as familias que non poidan pagar, creáronse novos servizos e logrou-se que coa empresa pública haxa unha xestión máis democrática e participativa, con persoal, usuarios e asociacións cidadás no consello de administración. Na Galiza hai procesos avanzados de remunicipalización como o de Teo e outros que se iniciaron ou van iniciar como o de Cangas, Ames,...