Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 04 Março 2019 19:57 Última modificação em Domingo, 10 Março 2019 22:46

CIG apresenta campanha e mobilizaçons polo 10 de março, Dia da Classe Operária Galega

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A legenda de campanha será "Recuperar direitos para avançar. Na Galiza emprego, salários e pensons dignas".

A CIG chama a mobilizarse o vindeiro domingo, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para exixir que se derroguen as reformas laborais e as políticas executadas coa escusa da crise porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega.
Mobilizacións

Vigo: Manifestación desde a Dobrada ás 12h

Pontevedra: Praza da Peregrina, 12h

Vilagarcía: Praza de Galiza, 12h

Compostela: Praza Roxa, 11:30h

A Coruña: Manifestación desde a Praza de Vigo ás 12h

Ferrol: Manifestación desde o Monumento ao 10 de marzo ás 12h

Lugo: Manifestación desde o Edificio Sindical ás 12h

Ourense: Praza do Ferro, 11:30h

Os contratos por horas, días ou como máximo semanas; a utilización dos contratos a tempo parcial, das ETT, de falsos/as autónomos/as, das empresas multiservizos, dos centros especiais de emprego; e o intento da imposición de convenios colectivos estatais fronte aos provincias e de ámbito galego son as novas realidades no mundo do traballo que están a fomentar o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e a afondar na perpetuación das desigualdades de xénero.

A perda de emprego, o desmantelamento industrial e o peche de empresas, xunto coa emigración, son unha constante, evidenciándose de forma dramática o dano que están a provocar as políticas neoliberais en Galiza.

O Goberno español do PSOE seguíu a manter o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas en 2010, pero sobre todo en 2013, que teñen significado un verdadeiro atentado e un golpe de Estado aos dereitos laborais e sociais e á negociación colectiva.

De feito, as medidas aprobadas nos últimos meses, e as que se anuncian nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, son claramente insuficientes (decreto sobre salario mínimo, etc.) e inxustas (decreto contratos relevo e xubilación parcial, etc.), cando non continuístas das políticas do PP (des censo da inversión en Galiza, mantemento da reforma das pensións do 2011 e 2013, etc.)

Nesta situación, e neste momento de inestabilidade política e institucional, temos que ser conscientes e non caer no engano de crer que as solucións virán polas concesións que nos faga o poder económico. Como tampouco as conseguiremos dun poder político que está ao servizo do capital e non da clase traballadora. Así mesmo, denunciamos unha vez máis a lacra que representa o chamado diálogo social, a concertación social que lamentabelmente seguen a practicar a diario UGT e CCOO coa patronal e cos Gobernos español e galego, colaborando na desmobilización e afondando na mentira de que por esta vía a clase traballadora poderá mellorar.
A Xunta é colaboradora necesaria para as privatizacións e recortes nos servizos públicos

A grave situación de Galiza conta coa colaboración dun fraudulento presidente da Xunta que, disfrazado nun discurso crítico contra o Goberno de Madrid, demostra cada día que non ten vontade ningunha de facer nada para frear a situación de emerxencia nacional e social que temos en Galiza. Mais ben ao contrario: pasivo, inactivo, cando non protagonista na aprobación e aplicación de duras políticas a favor do gran capital e dos fondos de inversión que ven unha oportunidade de negocio coas privatizacións e os recortes nos servizos públicos.
Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas

Na CIG temos claro que a recuperación dos dereitos roubados durante a crise e imprescindíbel para avanzar como clase traballadora e como pobo galego e virá da nosa capacidade colectiva de tomar iniciativas dende a loita, porque é a loita obreira e popular a auténtica fronte dende a que estamos a dar resposta para forzar o cambio das políticas que tanto dano nos están a facer.

A posta en práctica doutras políticas que permitan camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas pasa polas alternativas que a CIG temos proposto na ILP das 100 Medidas para a creación de emprego en Galiza e das nosas propostas en materia laboral e social para unha nova lexislatura.
Propostas en materia laboral e social

- Derrogación inmediata das contrarreformas laborais, da negociación colectiva e das pensións (RDL 10/2010, RDL 7/2010, RDL 20/2012, Lei 3/2012, etc).

- Desenvolvemento do Marco Galego de Relacións Laborais.

- Derrogación da LOMCE e do Decreto do Plurilingüismo.

- Derrogación do artigo 315.3 do Código Penal e da Lei Mordaza.

- Eliminación das subvencións xenéricas á contratación.

- Erradicación da fenda salarial, temporalidade, acoso laboral e sexual e por razón de sexo e identidade.

- Aumentar a duración e protección social dos permisos de maternidade e paternidade.

- Eliminación da contratación parcial involuntaria.

- Eliminación de ETT, empresas multiservizos, subcontratación en cadea e dos chamados falsos/as autónomos/as.

- Garantir por lei a aplicación do convenio colectivo da empresa principal nas contratas (empresas multiservizos, centros especiais de emprego, etc.)

- Fixación do Salario Mínimo Interprofesional no 60% do salario medio.

- Supresión do IPREM. Utilización do SMI como referente para o cálculo das prestacións públicas.

- Fixación dun salario mínimo por convenio colectivo de 1000 euros.

- Fixación por lei para que a pensión mínima sexa igual ao Salario Mínimo Interprofesional (60% do salario medio) e revalorización co IPC.

- Xubilación ordinaria aos 65 anos.

- Xubilación parcial aos 61 anos.

- Unha nova política fiscal ao servizo dos intereses da maioría social.

- Unha nova política financeira e a creación dunha Banca Pública.

- Redución de xornada laboral a 35 horas.

- Recuperación da causalidade na contratación.

- Nova regulación do despedimento por causas obxectivas.

- Salario de inserción laboral.

- Defensa dos servizos públicos. Incremento do investimento público en ensino, saúde, asistencia e protección social, infraestruturas e I+D+i.

- Plan de Industrialización e de apoio aos nosos sectores produtivos e Plan de Creación de Emprego Digno que poña fin á emigración.

- Tarifa eléctrica galega e tarifa industrial xa.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar