Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 28 Junho 2016 01:15 Última modificação em Terça, 28 Junho 2016 19:09

Greve de fame no cárcere da Lama contra os abusos dos carcereiros

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: Revista Abordaxe

Un compañeiro avísanos de que Ruyman Armas Santana, preso canario no cárcere da Lama (Pontevedra), que xa se coseu a boca en setembro do ano pasado en Monterroso para protestar polos abusos dos carceleros, iniciou unha folga de fame denunciando a desatención sanitaria, os malos tratos continuos, os cacheos arbitrarios, as condicións infrahumanas do módulo de illamento, etc.

Desde que está na Lama (20-I-2016) denunciou ao equipo técnico, aos servizos sanitarios e a varios carceleros por malos tratos e ameazas. A continuación unha carta do compañeiro:

A Lama, 23 -V-2016

Ola, chámome Ruymán, son das Palmas. Veño interpoñer un comunicado do abuso que cometeron comigo no centro penal de Monterroso, no módulo C 10, o día 31-12-15. Viñeron un xefe de servizo chamado don Julio e dous funcionarios, todos bébedos, e pegáronme unha malleira. Eu tamén lles peguei para defenderme destes borrachos e torturadores. Tivéronme seis días amarrado na cama. Durante estes días que eu estaba atado pegábanme cabotazos e alí estiven en illamento do día 31 ata o 20-01-15, que me trouxeron á lama, e, a verdade, aquí hai dous carceleros, Francisco e Antonio, que estanme a putear, provocándome. Estes carceleros están expedientados, teñen moitas denuncias. Eu denuncieinos ao Xulgado de Garda e á Audiendia de Pontevendra, igual que á subdirección de seguridade, porque están a permitir moitísimos abusos, cousa que nunca sae á luz. Estes carceleros ameazáronme con que me levarían á cuarta galería e pegaríanme unha gran malleira ata matarme e din que despois me poñerán unha xiringa no brazo para que o médico forense diga que morrín de sobredose, que o médico forense nunca vai en contra do cárcere. Eu xa estiven varias veces en folga de fame e sede. A verdade, nestes 16 anos que levo preso sufrín moita tortura. Antes escribíame coa revista A Golpes, cando eu estaba en Porto I no 2001, tiña 21 aniños, hoxe teño 35, son antisistema, anarquista. Teño Hepatite C, estou a esperar para coller Sovaldi e teño unha minusvalía do 84%, física e sensorial. Gustaríame restar en contacto convosco e que me mandedes comunicados para reivindicar con todos os presos anarquistas e estar unidos. Espero dita contestación de vós.

Despídome, ata o próximo comunicado.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar