- Rexeitan a organización dun “espectáculo” que, aínda que non supón a morte dos animais, é unha forma de maltrato e de apoloxía da crueldade, onde calquera persoa pode xogar a ser un deses torturadores coñecidos como toureiros. As capeas son unha escola da tortura tauromáquica.
- Queren saber se os organizadores deste evento solicitaron ao Concello de Pontevedra a autorización pertinente segundo recolle a “Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galiza” no seu Titulo III Capítulo III “Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas”. Por conseguinte, queremn saber tamén se o goberno municipal concedeu esta licenza e de ser así se antes revisou convenientemente se o proxecto cumpre con todas as normas esixidas.
- No caso de non ter solicitado permiso municipal, de incumprir algunha das normas preceptivas ou de non ter sido revisado en todos os seus aspectos o proxecto, esixen que esta capea non se realice.
- No caso de ter a licenza en regra, esixen que o Concello supervise sobre o terreo que, efectivamente, se cumpren en todo momento todas as normas que deben cumprirse legalmente. Se algunha se incumprir, esixen que se paralice e impida a sua celebración.
- O suposto compromiso abolicionista ten que demostrarse cun total rigor na aplicación da normativa necesaria e coa implicación real no control desta actividade.