Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 23 Dezembro 2017 17:18 Última modificação em Quarta, 27 Dezembro 2017 23:11

Bombeiras/os de Ponte Vedra vam-se manifestar para a desprivatizaçom do serviço

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MIBG

Tras 4 anos de xestión da empresa Matinsa, os bombeiros consideran que o Consorcio Provincial, formado por Xunta e Deputación, non pode tolerar máis tempo os gravísimos incumprimentos nos que no seu parecer incorre Matinsa dende hai longo tempo. "Incumprimentos que nos impiden en moitos casos aos bombeiros desempeñar a nosa labor, ou polo menos dificúltana en extremo. Incumprimentos que fan que vehículos estean longos períodos avariados, que materiais non se repoñan, que non se fagan mantementos adecuados, que ao non cubrir as baixas do persoal as dotacións estean case sempre ao mínimo, etc, etc…" con evidente afectación á calidade do servizo aos cidadáns.

Os bombeiros fixeron todo tipo de denuncias públicas sobre esta situación, acudiron a Inspección de Traballo e denunciaron incumprimentos da Lei de Prevención de Riscos, tralas que a Inspección de Traballo considerou que tiñan razón. Están dende hai tempo en folga, transmitiron a través de rexistro incidencias e labores que Matinsa non estaba a atender, asistiron a plenos de concellos como Cangas, Moaña, Marín, Vilagarcía, Cambados Bueu, ademais doutros moitos que teñen pendentes, a informar da actual situación, e recibiron o apoio unánime das devanditas corporacións. "Mesmo chegamos a sufrir represión por parte da empresa, unicamente por esixir o que é básico para o servizo, os compañeiros e os cidadáns da provincia de Pontevedra".

Por todo iso consideran que deben dar un paso máis e convocan unha manifestación en contra da xestión de Matinsa e a favor dunha desprivatización do servizo para, do mesmo xeito que outros consorcios provinciais, avanzar cara a un modelo baseado unicamente no beneficio dos cidadáns e na estabilidade económica das administracións, e non no beneficio empresarial.

A manifestación ten como obxectivo visualizar as súas demandas e que os cidadáns saiban cal é a realidade das emerxencias, ademais de lembrar aos políticos con responsabilidades neste tema que está na súa man reverter esta situación e dotar ao Consorcio de Pontevedra dun servizo acorde co que os cidadáns merecen.

"As Deputacións de Lugo e A Coruña, xunto coa Xunta de Galicia, avanzaron nos seus consorcios respectivos cara a unha reversión deste sistema privado a favor dun público. Cremos que Pontevedra non debe quedar atrás e seguir o exemplo marcado, pois Matinsa, filial do grupo FCC, deulle motivos dabondo para que o Consorcio Provincial aposte pola reversión".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar