Neste 2016 o colectivo centrará as reivindicacións da manifestación en dous puntos fundamentais:
1.Solicitude á Xunta de Galicia para que suprima a excepción das touradas na Lei de Protección Animal xa que ampara unha práctica cruel e vergoñenta. Demandaremos no marco das eleccións autonómicas o compromiso das candidaturas a presidir a Xunta. Denunciamos que o PP revisara neste 2016 a LPA e mantivera novamente as touradas como excepción.
2.Solicitar ao Concello de Pontevedra a supresión do convenio polo cal entregará neste 2016, 38.000 euros e que servirán indirectamente para a financiación da feira taurina de agosto. Valoramos positivamente que a institución municipal rebaixara 4000 euros a respecto de anos anteriores, síntoma de que recoñecen os nosos argumentos. Porén, nun momento histórico no que o lobby taurino está acurralado, precisamos máis pasos valentes.
Tamén presentou as actividades que veñen desenvolvendo as últimas semanas e as que quedan por realizar, entre elas unha asemblea aberta que terá lugar no Bar Diaño este xoves ás 20:00, photocall na rúa, conferencias, repartos, pegadas de carteis, etc.