Coas intervencións de:
Gabriel Beceiro, coordinador e editor da revista Ollaparo.
Fernando Igrexas, parceiro fundador de Ollaparo.
Rafael Cid, xornalista e colaborador.
Lugar: Ateneo Ferrolán, rua da Magdalena 202 Ferrol
Data:05.08.2016 18:00h
Ollaparo, coa lenda "Revista da Sociedade Cultural Chirlateira", é unha revista de información, opinión e criazón redactada integramente en galego e fundada en Cedeira (Galiza) en 1984 co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.