Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 16 Agosto 2016 17:24 Última modificação em Quarta, 17 Agosto 2016 18:28

Documentário 'Ence, 60 anos mais?' visita Marim Destaque

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Plataforma Ence Fora da Ria

Ence, 60 anos máis? É un documental elaborado por Galiza Contrainfo onde se recollen as voces de persoas que levan anos defendendo a ría e loitando por sacar o complexo industrial Ence-Elnosa. A implantación de Ence na ría fíxose no medio de protestas desafiando á ditadura franquista, hoxe un goberno do PP en funcións prorroga a permanencia desta industria 60 anos máis.

Con esta medida legalmente discutíbel e eticamente inaceptábel, o goberno do estado supeditaba a saúde, o medio ambiente e o sector pesqueiro da ría ao intereses dunha empresa privada que conta cun consello de administración cheo de altos cargos do PP.
Neste documental Galiza Contrainfo bota man de seis voces que analizan a situación de Ence e as súas consecuencias desde distintas perspectivas. Ás de integrantes da APDR súmanse as de Fernando Filgueira (alergólogo), Miguel Cuña (sindicalista), veciñanza de Lourizán, unha mariscadora ou Leonor González Prieto, máis coñecida como “Nené”, a primeira presidenta da asociación.
Pretendese dar a coñecer como era a Pontevedra anterior a Ence, as repercusións sociais, económicas e para a saúde da poboación, así como recoñecer a loita contra este complexo industrial que hipoteca o futuro da ría.
Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega, que xorde da necesidade de difundir os seus traballos, máis tamén coa intención de construír un espazo que serva para darlle visibilidade á produción audiovisual de comunicación alternativa que se desenvolve na Galiza.
Este documental presentouse no mes de xullo en Pontevedra, pasará por Ferrol, Ourense, Vigo e o 23 de agosto proxectarase en Marín, ás 20,30 na biblioteca municipal.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar