Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 28 Abril 2016 15:32 Última modificação em Quinta, 28 Abril 2016 15:38

SLG leva ao Congresso espanhol denúncia por açambarcamento de terras na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: SLG

A secretaria xeral, Isabel Vilalba, participa en Madrid no acto de presentación do informe “Estrutura e propiedade da terra”, que forma parte dunha campaña que demanda políticas xustas co reparto deste ben natural indispensábel para a produción de alimentos

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participa hoxe, 28 de abril, na presentación dun informe e unha serie de propostas sobre políticas relacionadas coa terra no Estado Español e na Unión Europa. Este acto celebrase na sala Ernest Lluch do Congreso dos Deputados (Madrid) ás 12:30 horas e, xunto a Isabel Vilalba, falan representantes das outras organizacións responsábeis desta campaña: Ángeles Santos (presidenta de Plataforma Rural), Andoni García (da Executiva de COAG e de EHNE Bizkaia), Inmaculada Idañez (Confederación de Mulleres do Mundo Rural-Ceres), Federico Pacheco (Sindicato de Obreros del Campo-SOC) e os autores do informe “Estrutura e propiedade da terra”: Fernando Fernández (Fundación Mundubat) e Carles Soler (Revista Soberanía Alimentaria).

A intervención de Isabel Vilalba céntrase na realidade da Galiza, cuxa estrutura da terra minifundista e coa propiedade moi repartida aparece no informe como exemplo contrario a casos de latifundismo e forte concentración como Estremadura. A pesares de termos os vimbios para un reparto xusto da terra na Galiza, Isabel falará das ameazas xurdidas nos últimos anos de cara a arrebatarlle ás familias labregas e ás comunidades de montes a tenza deste recurso natural indispensable para o seu traballo e para a produción de alimentos.

Nos últimos anos, cada vez son máis as hectáreas que acaban en mans de grandes empresas na Galiza, de maneira directa ou indirecta, para fins que non teñen que ver coa produción de alimentos. A eucaliptización do país para fornecer de materia prima industrias como a celulosa ou o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que impón a minaría como uso prioritario no 60% do noso territorio, son bos exemplos destas ameazas. En cifras, contrasta que ao tempo que as ao redor de 80.000 explotacións agrogandeiras galegas en activo dispoñen de 650.000 hectáreas, só o monocultivo de eucalipto acapara 190.000 ha. na nosa terra -396.000 ha. se contabilizamos superficies mixtas de eucalipto e outras especies- decotío en plantacións ilegais en solo agrario que non son perseguidas polas autoridades competentes. De feito, só o 24% do noso territorio ten uso agrícola, fronte ao 40% de países máis desenvolvidos como Francia. O informe O informe “Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial” (Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago), publicado recentemente, revelou que, dende 1985, perdéronse na Galiza 265.000 hectáreas de superficie agraria útil.

Outro dos eixes sobre o que viran as palabras da secretaria xeral do SLG é a defensa dos nosos montes comunais, un modelo de propiedade comunitaria de enorme valor social en moitas zonas desfavorecidas de Galiza e tamén ameazado por factores como a fiscalidade excesiva sobre os beneficios do monte, a inxerencia na capacidade de decisión dos comuneiros e comuneiras e mesmo a tentativa de privatización.

A nivel xeral, o informe que se presenta hoxe denuncia que, nos últimos 10 anos, as pequenas e medianas explotacións perderon o control sobre o 17% das terras europeas. No caso do Estado Español, a agricultura familiar pasou de controlar o 15% da terra a tan só o 7%; e 1.097 fincas posúen o dobre de terra que as 503.082 granxas máis pequenas. A inxustiza agudízase ao acaparar estas familias terratenentes tamén boa parte das axudas da Política Agraria Común (PAC). As organizacións promotoras desta campaña avogamos por “unha política de terras acorde cunha nova política agraria que favoreza e apoie un modelo produtivo social e sostible, que poña en valor a terra como ben común ao servizo da sociedade para producir alimentos saudábeis e facelo de maneira sostible”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar