Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 28 Abril 2016 15:36

MGS apela à mobilizaçom no 1º de maio: Pola rutura galega e popular com o regime

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: MGS

No sistema capitalista recréanse constantemente contradiccións que son imposíbeis de solventar.

Na súa fase actual, o capitalismo só pode dar lugar a unha fase moi máis destrutiva para a humanidade e para os pobos do mundo, que precisa aumentar e intensificar a explotación masiva, reforzar o dominio político sobre as poboacións dominadas e deteriorar aínda máis o medio ambiente. Esta agresividade é xa evidente na agudización dos conflitos imperialistas, na maior dureza das políticas impostas de forma antidemocrática pola Unión Europea e aquelas que están a piques de aprobarse como o TTIP, ou en situacións como a crise dos refuxiados e a súa xestión sen a menor consideración humana ou democrática. En particular, o noso país participa e padece desta tendencia mundial por medio da agudización das políticas antipopulares de centralización e concentración do poder e a riqueza, que actúan sobre unha situación de dependencia previa e estrutural, coa súa manifestación na extensión da pobreza, a precariedade e a exclusión social.

Na Galiza continuamos a padecer as consecuencias dun réxime hexemonizado polo liberalismo e o autonomismo, que conxuga as contradicións inherentes ao capitalismo coas derivadas da opresión nacional, enfrentadas en solitario por sectores populares, en particular o soberanismo de esquerdas. Estes efectos maniféstanse na realidade tanxíbel cada día nas rúas do noso país, e que en números lese nas case 300.000 persoas desempregadas, das cales case a metade non ten cobertura de ningún tipo, na facilidade e baixo custo co que se realizan os despedimentos, no descenso e avellentamento da poboación, no descenso imparábel dos salarios, no crecemento da pobreza e a precariedade estrutural, con case 30.000 familias nas que non consta ingreso de ningún tipo, no deterioro dos servizos públicos -o que causa mortes directas que comezan a ser recoñecidas, como os doentes de hepatite-, nas distintas crises que padecen sectores como o industrial e o primario, na precarización masiva do terciario e na ausencia dun sector enerxético e financeiro público e galego.

Queremos enfatizar que esta situación social non é só consecuencia da crise — que á súa vez non é unha desgracia azarosa ou natural, senón un fenómeno reiterativo e inevitábel no capitalismo — senón que está ampliada en todas as súas dimensións pola ausencia de poder político propio e as decisións conscientes dos poderes políticos, que atribúen a Galiza un papel determinado na división internacional do traballo e aplican o paradigma neoliberal de privatizacións e redución do gasto social en beneficio da patronal. Non é casusalidade que a poboación galega sexa a máis empobrecida do Estado, a que traballa máis horas e ten salarios e pensións máis baixas: é unha consecuencia dun deseño que nos impuxeron, que foi aceptado e aplicado polo Partido Popular, mais que tampouco ten alternativa na mera xestión do marco autonómico.

Neste sentido, queremos salientar que existe unha posibilidade de mudanza para esta situación dramática, que non pasa pola frustración, o conformismo, nin polo pacto social ou a confianza en opcións políticas prefabricadas e dirixidas polos mesmos xestores do sistema e as súas institucións. É tempo de vindicarmos a vixencia da loita de clases como motor da historia, e a súa superación como obxectivo estratéxico do movemento revolucionario internacional, o que na Galiza ten a súa tradución exclusiva nunha aposta pola independencia, a ruptura democrática co Estado Español, coa Unión Europea e coas diversas alianzas do imperialismo, e a construción da república galega.

Esta é a liña revolucionaria no noso país, a que permite acumular máis forzas contra o réxime, desde a unilateralidade, a mobilización e a organización popular, desde a loita en todas as frentes, da mobilización á loita ideolóxica e institucional. Sen embargo, tamén é o camiño máis longo e máis difícil, inasimilábel polo Estado Español e destinado a se enfrontar aos maiores inimigos. Se ben as condicións de conciencia e mobilización son aínda relativamente febles, temos que redobrar esforzos, continuar a construír movemento soberanista, reforzando o compromiso e implicación na Confederación Intersindical Galega, estruturando unha mellor organización política, dirixida por unha orientación estratéxica claramente enfocada cara a ruptura, que sitúe a nosa dependencia nacional no centro do debate político.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar