O órgano guvernativo considerou que en 2014, as persoas que saíron á rúa a evitar a tala ilegal do bosque de ribeira e a urbanización do río que pretendía a Confederación Hidrográfica, cometeron "graves desordes".
Pola contra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta, vén de impoñer á Confederación Hidrográfica unha multa de 1.062€ por infracción grave da Lei de Patrimonio Cultural, por alterar a contorna do Camiño Francés ao seu paso pola vila de Sarria, xustamente o que tentaban evitar os veciños e veciñas sancionados/as pola Subdelegación do Governo.
Se ben a multa de Patrimonio á CHMS debería ter unha contía de entre 60.000 e 150.000€ (art. 91h da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galiza), na instrución do expediente a Xunta reducíu a sanción a 3.000€ que finalmente a Directora Xeral deixou en 1.062€.
Dende ADEGA expresan a súa "indignación pola inxustiza e o agravio comparativo que supón reprimir á veciñanza que defende a legalidade fronte á arbitrariedade da administración infractora, que pola súa banda, e malia ao seu ilegal proceder, recibe unha sanción ridícula".