A demanda presentada polo sindicato FFFS debe ser agora admitida polo Comité Europeo de Dereitos Sociais que, posteriormente, decidirá sobre ela.
A Carta Social Europea é un tratado do Consello de Europa -organización intergobernamental composta por 47 estados europeos con sede en Estrasburgo- que garante unha serie de dereitos sociais e económicos: vivenda, saúde, educación, emprego, protección social e xurídica, o movemento de persoas e a non discriminación. A Carta foi aprobada en 1961 e revisada en 1996. O texto revisado, que actualizou o tratado orixinal e incluíu novos dereitos (coma o dereito á vivenda), entrou en vigor en 1999. Polo de agora, España só ratificou o primeiro tratado. Si asinou a Carta revisada en 23 de outubro de 2010, pero aínda non a ratificou. España tampouco aceptou o procedemento de reclamacións colectivas que permite a certas organizacións presentar demandas contra cada Estado alegando incumprimentos, como o que vén de presentar Fellesforbundet for Sjøfolk (FFFS) contra Noruega.
A resolución do Comité non tería implicacións inmediatas, pero no caso de determinarse a infracción, o Consello de Europa si que solicitaría oficialmente ao Goberno noruegués que adoptase unha decisión para facer cumprir a Carta e a legalidade
Este procedemento concíbese como un sistema de protección que complementa, en paralelo, a protección xudicial proporcionada pola Convención Europea dos Dereitos Humanos. A demanda presentada polo sindicato FFFS debe ser agora admitida polo Comité Europeo de Dereitos Sociais que, posteriormente, decidirá sobre ela, establecendo se a actuación do Goberno noruegués contradí a Carta Social que asinou e comunicando a súa resolución ás partes e, no seu caso, informando do incumprimento ao Consello de Europa. A decisión non ten implicacións inmediatas, pero no caso de determinarse a infracción, o Consello de Europa si que solicitaría oficialmente ao Goberno noruegués que adoptase unha decisión para facer cumprir a Carta e a legalidade.