O evento organizado pola Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, foi respaldado pola Coordinadora Unitaria de Bomberos Profesionales (ámbito estatal) e pola Plataforma de Bombeiros Profesionais de Galicia.
O percorrido partiu do Estadio de San Lázaro ás 11:30h e percorreu o Camiño Francés ata chegar á sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (dependente da Consellería de Presidencia), mentres se coreaban lemas do tipo de "É unha emerxencia, a vosa incompetencia" en clara alusión ao incumprimento da Lei de Emerxencias que ven reiterando a Xunta de Galicia ao longo destas dúas últimas lexislaturas.
Dende a DXEI o colectivo trasladouse en bloque ata os edificios administrativos de San Caetano, onde se fixo lectura do manifesto mentes se vitoreaban cantos como "Dez anos levades incumplindo, e todavía estades rindo".
Sendo as 13:00h remataba a manifestación sen darse ningún tipo de incidencia e advertindo que esta movilización non será máis que o comezo dunha serie de movementos que teñen por obxecto que os políticos (estes ou outros) cumplan coas obrigas que se recollen para eles, igual que o facemos dende o lado da cidadanía.