Programa SILICON de prescrición farmacéutica
Mais agora a atención as/os enfermos oncolóxicos na área de Compostela se deteriora, pola imposición ao profesionais dun programa informático –chamado SILICON- de prescrición farmacéutica, que a Consellaría de Sanidade mercou a un laboratorio privado, e que estaría deseñado para o control de fármacos e facilitar o traballo da farmacia hospitalaria, e non pensado para o persoal facultativo, nin para as/os doentes.
Porén, segundo denuncia a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, “este programa o que está a provocar é un aumento do tempo que a/o médico/a ten que dedicar a prescrición farmacéutica, xa que con el se incrementan os erros, en detrimento do tempo que dedican as/os doentes. Agora o persoal facultativo no mesmo tempo de traballo, e por imposición da xerencia, diminúe o número de doentes que atende cada día”.
No SERGAS dende hai moitos anos xa existe un programa de prescrición farmacéutica na atención primaria, feito por traballadoras/es públicos, creado e pensado para facilitar o traballo do persoal facultativo, e mellorar a atención as persoas. Agora, na época das privatizacións masivas, a consellaría de sanidade prioriza as privatizacións sobre as persoas enfermas.
SOS Sanidade Pública exixe a retirada inmediata deste programa informático, e que as persoas enfermas de cancro reciban asistencia nos prazos indicados pola/o seu oncóloga/o. Esiximos o incremento de persoal facultativo especialista en oncoloxía na mesma proporción que se incrementaron as/os doentes e a complexidade do proceso.
As privatización da prescrición farmacéutica non pode ser a conta da saúde das persoas enfermas de cancro.