MSF segue sen recoñecer os seus erros prefirindo o enfrontamento con CNT e tratando de ofrecer cartos pola retirada da demanda.
CNT por en marcha a campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" contra a discriminación de un traballador e unha traballadora da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) ante a proximidade do xuizo o vindeiro dia 18 de maio.
A campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" nace coa vontade de concienciar á cidadanía sobre a problemática laboral existente na ONG Médicos Sin Fronteras, poñendo o énfase nos casos de discriminación pero sen esquecer as múltiples denuncias interpostas pola CNT en materia laboral.
MSF discrimina "Distintas cores mesmos dereitos"A pegada do inicio de campaña veu dar inicio esta fin de semana en Compostela coa presenza da CNT na multitudinaria Feira da primavera na rua de San Pedro e coa conmemoración do primeiro de maio.
A CNT presentou demanda o pasado mes de marzo por vulneración dos dereitos fundamentais de duas persoas do cadro de persoal de MSF adicadas á captación de persoas socias na rúa. A central anarcosindicalista asegura que estes traballadores son discriminados por razón de nacionalidade ao seren aos únicos que non se lles cambiou o contrato a indefinido.
A ONG Médicos Sin Fronteras amósase inflexible á hora de recoñecer os seus erros, mantendo unha política negacionista da súa realidade laboral e pretendendo solucionar o problema entregando cartos a cambio da retirada da demanda. En paralelo MSF contra-argumenta nos medios de comunicación xusto o contrario do que indica a Lei e alecciona con mentiras ao resto de traballadores/as provocando tensións entre a plantilla.