O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
O sábado 01 de outubro realizaremos o XXIV Curso de Formación de Coordinadores/as na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estará adicado a coñecer as aves que poden ser de interese para o estudo dos nosos ríos. Coincide ademais coa celebración do Día das Aves 2016, que será os días 1 e 2 de outubro. Sumámonos así a divulgar o fascinante mundo das aves.
Para as charlas contaremos co biólogo Cosme Damián Romay Cousido da Universidade da Coruña e do Grupo Naturalista Hábitat
Como sempre, parte da xornada se centrará na recollida e identificación de macroinvertebrados.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA, promovida por Augas de Galicia.
Pódese consultar o programa completo en www.proxectorios.org