... a taxa de desemprego xuvenil no estado español achégase ao 50%, máis do dobre que o conxunto dos estados da UE (20%)?
... no ano 2000 había case 240.000 mozas e mozos traballando no país? Hoxe son menos da metade.
... as galegas traballamos máis horas que a media española e sen embargo temos a media de salarios máis baixos?
... na actualidade 291.744 persoas mozas entres 18 e 34 anos viven no fogar cos seus pais? Destes, o 46,70 % segundo o IGE, non teñen ningún ingreso, 13.000 máis que ao comezo da crise .
... entre 2009 e o 2014, a caída do salario medio foi do 2,7% no conxunto da poboación mentres que nas persoas entre 26 e 35 anos o descenso dos soldos foi do 11,7%.
... a mocidade galega ten o terceiro salario máis baixo do estado español?
... na Galiza no 2009 o 14,5% cobraba o SMI mentres que no 2015 foi do 18,4%?
... o 97% das novas contratacións son temporais mentres que unha de cada tres mozas traballa a tempo parcial?
... desde o comezo da crise emigraron preto de 132.000 mozas e mozos?
... o 23,8% da poboación galega vive en riscos de pobreza ou exclusión social? A taxa de risco de pobreza na mocidade pasou dun 9,4% en 2005 a máis dun 19% no 2014?
... as rendas do traballo pasaron dun 48% no 2009 a un 44,6% no 2014 mentres que as rendas do capital pasaron dun 43,6% (2009) a un 45,5% (2014)?
... aínda cos tremendos recortes en materia laboral, desde o inicio da primeira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo no 2009, a débeda pública galega pasou duns 4.842 millóns de euros a uns 10.375 millóns, por volta do 18,60% do PIB?
.
Organízate e loita!